4042 resultados
A CIG-Ensino concentrouse ante o Parlamento de Galiza para rexeitar a aprobación da Lei de Convivencia e Participación
Con esta concentración a CIG-Ensino quere manifestar o seu rexeitamento á imposición desta Lei, para a que o Consello Escolar de Galiza, así como numerosos Consellos Escolares Municipais, xa solicitaron a súa retirada
Na xuntanza da Mesa Sectorial tratáronse entre outros asuntos diversas titulacións de FP
Mesa Sectorial do 15 de abril de 2011
A Administración comprométese a publicar unha corrección de erros da convocatoria de oposicións, logo de que a CIG-Ensino constatara a omisión no baremo dos cursos de 20 a 30 h
Baremación dos cursos de máis de 20 h e menos de 30 h
Manuel Rivas e Xosé M. Pereiro abren as XXI Xornadas de Lingua e Literatura organizada pola CIG-Ensino e a AS-PG
Francisco Rodríguez, Anxos Sumai, Suso de Toro, Inma López Silva, García Negro, Carlos Callón, Henrique Monteagudo ou Rexina Veiga entre os participantes
A aposta da Consellaría polo ensino privado impide que haxa oferta suficiente de prazas no ensino público para o vindeiro curso
Poden ser numerosos os nenos e nenas de tres anos que se queden sen praza nos centros públicos nos que solicitan praza.
Mesa sectorial do 15 de abril
Trataranse varios borradores de ciclos medios e superiores de formación profesional
CIG Ensino e ELA esixen a convocatoria da Mesa de Ensinanza Pública non Universitaria
Demandamos unha entrevista ao Ministro de Educación para falar da xubilación LOE e das Clases Pasivas
A CIG-ENSINO esixiu na mesa sectorial que as probas de acceso á función docente se realicen en lingua galega
A convocatoria da oferta de emprego publicarase o vindeiro día 11 de abril
Máis de 6.000 persoas maniféstanse polas rúas de Madrid contra as reformas laboral, das pensións e da negociación colectiva
“Polo dereito a decidir as nosas condicións laborais e sociais”
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación desenténdese da materia de lingua portuguesa na selectividade
Seguen a defender un ensino de costas ao noso entorno social e económico máis próximo
páxina 238 de 311