Delegadas e delegados da CIG ENSINO E FETE UGT entregan no rexistro da Xunta a Certificación dos resultados do Referendo

Datos referendo 25 de outubro

Hoxe, as delegadas e delegados do ensino público da CIG ENSINO e FETE UGT, concentráronse ante a Consellaría de Educación para entregar un escrito dirixido ao Conselleiro de Educación no que se certifican os resultados do Referendo en contra dos recortes no ensino público do día 25 de outubro. Anxo Louzao, Secretario Nacional de CIG ENSINO, manifestou que: "se a este Conselleiro lle queda un resto de dignidade debería dimitir ante os incontestábeis resultados do Referendo. Neste momento non hai dúbida ningunha de que o profesorado no seu conxunto rexeita os recortes no ensino e a actitude do Conselleiro de Educación".

Anxo Louzao afirmou tamén que: "por hixiene democrática cómpre a retirada inmediata da orde que orixinou este conflito e que supuxo a redución de máis de 1.000 postos de traballo e o empeoramento da calidade do Ensino".

Delegadas e delegados da CIG ENSINO E FETE UGT entregan no rexistro da Xunta a Certificación dos resultados do Referendo

Volver