
Resultados Referendo 25 outubro
863 centros participaron e 19.182 profesoras e profesores do ensino público votaron en contra dos recortes na Educación Pública
19.182 profesores/as do ensino público votaron en contra dos recortes na Educación Pública
Escrutado o 100% dos votos emitidos no referendo do profesorado do ensino público do pasado 25 de outubro, o resultado é que 19.182 profesores e profesoras, dun total de 26.271 electores de 863 centros de ensino, votaron en contra dos recortes na educación pública. A CIG-Ensino agradece a alta participación e o compromiso amosado polos docentes en defensa do ensino público.
Ante este resultado Louzao exixe da consellaría a retirada da orde que impón o incremento do horario lectivo do profesorado e a vixilancia do transporte escolar e o cese nos ataques ao ensino público, mentres beneficia o privado-concertado.
“Resulta provocador e pernicioso que aínda hoxe, coñecendo a opinión do profesorado, o Presidente da Xunta afirme que a maioría dos docentes están de acordo coa súa política educativa”, afirma o secretario nacional de CIG-Ensino, quen engade que “esta afirmación amosa a falta do mínimo pudor e confirma que estamos ante un goberno que ten a mentira e o engano como únicas pautas de actuación”.
Para Louzao, o presidente do goberno galego, o que ten que facer é “non faltar á verdade e actuar con dilixencia para cesar o conselleiro de Educación, que o único que ten no seu haber é o continuo afán de desprestixiar o profesorado e destruír o ensino público”.
CIG Informa valoración do referendo: Ligazón
Cartaz valoración do referendo: Ligazón
Resultados referendo: Ligazón
Resultados referendo centro a centro: Ligazón
Información sobre o proceso do referendo: Ligazón