Delegadas e delegados da CIG entregan no rexistro da Xunta máis de 700 sinaturas das traballadoras e traballadores do Consorcio

Esixindo unha resposta inmediata ás súas demandas, a máis dunha entrevista co Xerente do Servizo Galego de Igualdade e Benestar

A CIG esixe ao Consorcio Galego de igualdade e Benestar unha entrevista co xerente do Consorcio para dar unha resposta inmediata ás demandas das traballadoras e traballadores.

 

No día de hoxe a CIG vén de entregar no rexistro da xunta máis de 700 sinaturas recollidas entre o persoal laboral do Servizo Galego de Igualdade e Benestar pola situación de abandono na que se atopan esixindo entre outras, as seguintes medidas:
  1.  Que se inicie un proceso negociador para aplicar todo o persoal do Consorcio no Convenio único de persoal laboral da Xunta de Galicia.
  2.  Que se resolvan todas as irregularidades que se están a dar na actualidade no que ten que ver coa xestión das listaxes, substitucións, cobertura das baixas, modalidades de contratos, falla de recursos materiais e humanos, despedimentos, oferta formativa insuficiente, etc
  3. Que se mellore e se faga pública a xestión das listas de contratación e substitución, aplicando os criterios que se aplican para o resto do persoal da Xunta.
  4. Que se atendan en tempo e forma as demandas das diferentes necesidades dos centros.
  5. Que co obxecto de estabilizar os cadros de persoal é necesario negociar o acceso a condición de laboral fixo. 
  • Delegadas e delegados da CIG entregan no  rexistro da Xunta máis de 700 sinaturas das traballadoras e traballadores do Consorcio
  • Delegadas e delegados da CIG entregan no  rexistro da Xunta máis de 700 sinaturas das traballadoras e traballadores do Consorcio

Volver