A CIG-Ensino chama o profesorado a protestar nun final de curso lastrado polo continuísmo da Consellaría

O sindicato promove unha concentración na sede da Xunta o mércores 26 ás 11 horas

Tres meses despois do anuncio da Consellaría constitúese a comision negociadora do Plan de Igualdade para o profesorado

Despois dos atrasos inxustificados e das continuas demandas da CIG-Ensino vén de constituírse formalmente a comisión negociadora do Plan de Igualdade para o persoal docente.

A Consellaría de Educación evitou sumar 1080 prazas ás oposicións que comezan este sábado

Así se demostra nunha información remitida ao sindicato pola Consellaría, logo de presentar unha queixa á Valedora do Pobo por non proporcionar en tempo e forma a resposta exixida polo sindicato

As traballadoras da Escola Infantil Merlín irán tres días á folga a vindeira semana ante os reiterados atrasos e impagamentos por parte da empresa

A dirección da mesma alude problemas de financiamento cando nestes intres recibe os fondos directamente da administración e ademais cobra cotas complementarias ás familias
enteira

Publicada no DOG a resolución coas datas do CADP

O DOG do xoves 20 de xuño publica as datas relacionadas co CADP

A CIG-Ensino amosa a súa decepción coa política continuísta trasladada polo conselleiro na reunión de comezo da lexislatura

O sindicato presentoulle a Román Rodríguez un documento detallado con todas as demandas avaladas polo profesorado e afeoulle a falta de respecto á maioría sindical en todos os procesos de negociación.

Valoración da CIG-Ensino das últimas novidades xudiciais para o persoal interino

A nova sentenza do TXUE, que incide nas críticas que a CIG-Ensino leva feito dos chamados procesos de estabilización, non implica ningún cambio efectivo ao respecto das anteriores.

Información da sexta reunión no SIMA do XIII convenio de Infantil 0-3

A mediación rematou sen acordo ante un novo bloqueo patronal, nunha actitude irresponsábel e soberbia e tras unhas propostas á baixa dos sindicatos estatais

Universo LGBTIQ+ nas Artes Escénicas Galegas Actuais

Material didáctico para traballar a diversidade LGBTIQ+ nas aulas

Mesa Docente estatal de trámite á espera de reformas necesarias para mellorar a profesión docente

A CIG-Ensino apremou ao Ministerio a desenvolver canto antes a negociar melloras para todo o profesorado e a desenvolver a nova Lei de Ensinanzas Artísticas

CADP. Solicitude de non participación
Para persoal interino e substituto cunha das situación recollidas no artigo 15 do Acordo de interinas.
Prazo: desde o 15 de maio até o 2 de xuño de 2025, ambos incluídos

Quizais quixo dicir:

< Maio 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
DOG 15 Maio 2025
Calendario escolar

Publica a Consellaría a orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2025/26.

DOG 15 Maio 2025
Non participación no CADP

Hoxe abre o prazo para que o profesorado interino ou substituto que o desexe (e cumpra os requisitos) formule a súa solicitude de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP).

Outros 15 Maio 2025
Interinidades en secundaria

Resolución definitiva das listaxes e do baremo para cubrir interinidades e substitucións nas especialidades de Portugués e de Lingua galega e literatura en secundaria.

Outros 15 Maio 2025
Interinidades en EOI

A web da Consellaría publica a resolución e o baremo definitivos do profesorado para cubrir interinidades ou substitucións nas especialidades de francés, galego, inglés, italiano e portugués das Escolas Oficiais de Idiomas.

DOG 14 Maio 2025
Centros E-dixgal

A Consellaría anuncia a apertura do prazo para a presentación de solicitudes para a selección de novos centros participantes para o curso 2025/26.

Outros 13 Maio 2025
Resolución definitiva do CXT de secundaria

A web da Consellaría publica a resolución definitiva do concurso de traslados do corpo de secundaria e outros.