4009 resultados
O Tribunal Supremo vén de darlle a razón á CIG-Ensino e obriga a Educación a ofrecer recoñecemento médico periódico ao profesorado
Educación perde o recurso que presentou contra a sentenza de xuño de 2012 do TSXG que fallou a favor da CIG-Ensino na demanda de conflito colectivo presentada por negarlle este dereito a máis de 30.000 traballadores/as do ensino
Información sobre a comunicación de baixa da Seguridade Social ao profesorado interino e substituto
Non terá ningunha repercusión na vosa relación coa Seguridade Social ou coa Consellaría e non hai interrupción na cotización
A CIG-Ensino considera abusivos os servizos mínimos fixados por Educación para a folga do 9 de maio
Non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á folga do conxunto do persoal que traballa para Educación
Milleiros de persoas saen á rúa en Galiza nun Primeiro de Maio dos máis multitudinarios
A CIG celebrou manifestacións en once localidades do país para denunciar que as políticas do PP e da Unión Europea supoñen perda de dereitos e máis pobreza
A CIG chama a mobilizarse o 1º de Maio contra as políticas fracasadas que promove a UE, que están a quitar dereitos e provocar máis pobreza
Suso Seixo considera que hai que provocar a dimisión dos gobernos do PP e a convocatoria de novas eleccións
Co lema “O Galego, a chave do mundo” arrinca o 2 de maio o Correlingua 2013
O Teatro Principal de Pontevedra acolleu a entrega dos premios ao alumnado gañador dos concursos de elaboración do manifesto, banda deseñada, e vídeo
A CIG-Ensino esixe na Guarda a readmisión dos catro traballadores/as despedidos no centro San Xerome Emiliani
A CIG-Ensino insistiu en que non cesará nas mobilizacións ata conseguir a incorporación destas persoas
O Pleno do Consello Escolar de Galiza rexeita o novo decreto de comedores e aproba devolver o proxecto ao Goberno galego
A CIG-Ensino defendeu a retirada do proxecto e denunciou os métodos antidemocráticos da Consellaría
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concéntrase este 17 de abril diante da sede do Consello Escolar de Galiza contra o decreto de comedores
A CIG-Ensino esixe a retirada do decreto no Pleno no que se ditamina o decreto
A CIG-Ensino convoca folga contra a LOMCE no ensino público para o próximo xoves 9 de maio
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que tamén convoca, realizará manifestacións e concentracións en todo o país
Preto de 3000 persoas participaron nos peches da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público realizados en 15 centros educativos de todo o país en contra da LOMCE
As accións para amosar a oposición da comunidade educativa á LOMCE terán continuidade o 9 de maio coa folga no ensino e as manifestación e concentracións convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público para ese día
Preséntase o Anteproxecto de Lei de Emprego Público, instrumento que permitirá uniformizar e intervir nas administracións
A CIG-Área Pública teme que se pretenda favorecer a mobilidade xeográfica, as amortización, regular horarios e retribucións reducindo persoal e servizos públicos
A CIG-Ensino abandona a Mesa Sectorial por considerar un burla a convocatoria para debater o Decreto de comedores
A CIG-Ensino defenderá no pleno do Consello Escolar de Galiza unha emenda á totalidade na que esixe a retirada do novo decreto
páxina 193 de 309