A CIG-Ensino denuncia que a oferta de FP para o curso vindeiro segue sen cubrir a demanda que existe en moitos ciclos
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación vulnera máis unha vez as canles de negociación ao levar ao non negociar na Mesa sectorial a oferta de FP par ao curso que vén
A CIG Ensino esixe a eliminación dos concertos na formación profesional que está a recibir máis de 12 millóns de euros do erario público . Dáse o caso que se están concertando ciclos formativos da mesma familia que se imparten na pública en concellos que non superan superan o 7000 habitantes
Propomos que  non se supriman ciclos até coñecer as notas de selectividade e en ningún caso aqueles que acaden unha matrícula mínima de 8 alumnos nas cidades e 5  no resto de Galiza. 
A CIG-Ensino esíxelle á Consellaría que restitúa as bolsa de transporte para o alumnado de FP, como mínimo nos mesmos termos que o viña facendo até agora Ademais a Consellaría ten que ofertar bolsas de residencia e transporte  para garantir que todo o alumnado poida cursar gratuitamente a FP.
Por outra banda a CIG-Ensino denuncia a improvisación coa que a Consellaría pretende implantar a Formación Profesional Básica para o próximo curso tendo en conta que aínda non se publicaron os programas nin se coñece o mapa de implantación. A CIG-Ensino esixiu da Consellaría de Educación que adiara a posta en marcha da FP Básica porque terá  consecuencias graves para o alumnado e a marcha do vindeiro curso.
COMPARATIVA COA OFERTA NO RÉXIME ORDINARIO DO CURSO 2013-2014
| 
   Desaparecen da oferta  | 
  ||
| 
   Centro  | 
  
   Concello  | 
  
   Ciclo formativo  | 
 
| 
   CFEA Alta Montaña  | 
  
   Becerreá  | 
  
   Aproveitamento e conservación do medio rural  | 
 
| 
   IGAFA. Instituto Galego de Formación en Acuicultura  | 
  
   Illa de arousa  | 
  
   Operacións subacuáticas e hiperbáricas  | 
 
| 
   CFEA de Sergude  | 
  
   Boqueixón  | 
  
   Xestión e organización de empresas agropecuarias  | 
 
| 
   Incorporase á oferta  | 
  ||
| 
   Centro  | 
  
   Concello  | 
  
   Ciclo formativo  | 
 
| 
   IES Moncho Valcarcel  | 
  
   As pontes  | 
  
   Laboratorio de análise e de contro de calidade  | 
 
| 
   CIFP Coroso  | 
  
   Ribeira  | 
  
   procesos e calidade na industria alimentaria  | 
 
| 
   ESCO Oficial Náutico-Pesqueira  | 
  
   Ribeira  | 
  
   Navegación e pesca de litoral  | 
 
| 
   IES Audiovisual de Vigo  | 
  
   Vigo  | 
  
   Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos  | 
 
Novas relacionadas

