A CIG-Ensino defendeu no Consello Escolar Galiza unha emenda á totalidade solicitando a retirada do proxecto de FP Básica
A CIG-Ensino presentou outras 25 emendas co obxecto de modificar os aspectos máis lesivos deste decreto
“A situación é tan esperpéntica que o profesorado terá que impartir
para o vindeiro curso unha nova modalidade de FP cos seus títulos
correspondentes, que se publicará -no mellor dos casos- en Agosto,
candos/as docentes teñen que ter as programacións feitas e o curso
organizado e en funcionamento no mes de setembro”, explica Anxo Louzao.
“O obxectivo da CIG-Ensino é que non se aplique este modelo de ensino
para o próximo curso”.
A solicitude de retirada deste proxecto por parte da CIG-Ensino fundamentase, tamén, no seguinte:
- A carencia de debate e participación de profesorado.
- A improvisación existente durante o procedemento de tramitación, o que mesmamente levou a que a Permanente do Consello Escolar de Galiza ditaminara un proxecto de decreto baseado nun real decreto que estaba sen aprobar polo Goberno central.
- En que estamos ante un proxecto que se pretende aplicar para o curso que vén sen que se coñeza, nin se negociara mapa algún da FP. “A obstinación de querer aplicala para o próximo curso amosa a total vasalaxe do conselleiro aos intereses do PP e non as necesidades que ten o sistema educativo galego”, explicou Anxo Louzao, secretario nacional da secretario Nacional da CIG-Ensino e membro do Consello Escolar de Galiza.
- En que afianza un modelo de educación de formación profesional dual que supón maior privatización e ordenación da formación polas empresas.
- Esta é unha modalidade de formación que nada ten que ver coa estrutura do noso país.
- En que propón unhas ráteos de 30 alumnos por aula cando este nivel educativo se por algo se debe caracterizar, tendo en conta o alumnado o que vai dirixido, é por unha formación personalizada.
- Ademais o alumnado que non aprobe a reválida non vai ter título de ESO.
- Este proxecto non garante nin sequera o transporte escolar ao alumnado.
- Carece de oferta de ciclos de todas as familias profesionais e non garante os recursos necesarios educativos nos centros nos que se vai impartir.
- Non asegura, nin sequera, os mínimos establecidos no decreto de plurilingüísmo ao non establecer os módulos que ese deben impartir en lingua galega.
- Liquida o módulo de Iniciativa Persoal e Relacións Laborais.
- Na falta de negociación na Mesa Sectorial e na negativa a contrastalo cos lexitímos representantes do profesorado.