A CIG-Ensino realizou novos actos de apoio ao profesorado CELGA

Coincidiron coa realización das probas en Santiago, Lugo, Vigo e A Coruña coincidindo coa realizacións das probas

O día 14 de xuño, coincidindo coa realización das probas Celga, a CIG-Ensino levou a cabo novos actos de apoio ao profesorado colaborador en Santiago, A Coruña, Lugo e Vigo, ás 8.30 horas, nas EEOOII, agás en Santiago que foi na EGAP.

Hai que lembrar que a Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de remitirlles aos institutos de ensino secundario que imparten educación para persoas adultas (EPA) un proxecto de orde que pretende desfacerse do profesorado CELGA. Ante este novo atropelo, a CIG-Ensino emprende unha campaña para que os centros saquen resolucións en contra desta proposta e para reclamar que estes cursos continúen a ser impartidos polo “profesorado colaborador” Celga. Podes descargar o modelo de resolución nesta ligazón.

Por outra banda o luns, día 9 de xuño, a CIG-Ensino rexistrou unha queixa no Valedor do Pobo, denunciando a actuación fraudulenta e irregular da Secretaría Xeral de Política Lingüística en relación co colectivo e o día 17, ás 11.00 horas, entregaremos no rexistro da Xunta de Galiza as sinaturas recollidas de apoio a este profesorado e, posteriormente, concentrarémonos diante da SXPL.

A dirección provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social da Coruña xa vén de comunicar a formalización de demanda de oficio perante Xulgado Decano da Coruña, para determinar a natureza da relación xurídica do colectivo coa Xunta de Galiza.

A CIG-Ensino ten a intención ademais de denunciar na Inspección de Traballo a conversión de parte dos contratos de traballo en bolsas para cubrir postos de lectorado galego, malia seren prazas para as que se solicitaban os mesmos requisitos e perfís e que teñen a mesma función.  Nos próximos días, están previstos os primeiros xuízos polas demandas contra os despedimentos da SXPL.

  •  A CIG-Ensino realizou  novos  actos de apoio ao profesorado CELGA
  •  A CIG-Ensino realizou  novos  actos de apoio ao profesorado CELGA
  •  A CIG-Ensino realizou  novos  actos de apoio ao profesorado CELGA

Volver