4016 resultados

A Consellaría implantará a educación virtual en ensinanzas de réxime especial e manterá o ensino presencial no resto
As EOI e os Conservatorios suspenderán o ensino presencial até o 17 de febreiro, á espera de estender estas medidas a outros estudos superiores

Obxectivo acadado: ninguén cobrará menos do Salario Mínimo Interprofesional
A CIG-Ensino logra que nas Escolas Infantís 0 – 3 anos ninguén cobre menos do Salario Mínimo Interprofesional (SMI)

A CIG convoca unha xornada de mobilizacións en 18 localidades para esixir unha saída galega xusta da crise
As marchas e concentracións realizaranse o domingo 7 de febreiro

Esta semana comeza o prazo para inscribirse nas oposicións ampliadas para profesorado técnico de FP
Publicada no DOG o luns 25 a Orde do 15 de xaneiro de 2021
A CIG-Ensino solicita unha entrevista coa ministra de Educación para abordar a extinción do corpo de profesorado técnico de FP
Despois de interpelar directamente á Consellaría sobre o número de profesorado afectado en Galiza e as xestións que pensa realizar sobre este asunto, esta mañá unha representación da Executiva da CIG-Ensino coñeceu a PNL do grupo parlamentario do BNG.

Escolas Infantís de 0-3: que ninguén cobre menos do Salario Mínimo
Con este obxectivo a CIG segue dando pasos adiante, como xa anunciara, e presentou papeleta de conciliación en materia de conflito colectivo, nunha decisión que implica un paso previo legal á demanda na Audiencia Nacional

Publicadas as axudas da Xunta ao galego nos centros docentes públicos, que non sofren ningún incremento
A Secretaría Xeral de Política Lingüística anulou a convocatoria destas axudas do ano 2020, mais isto non se reflicte nas axudas deste ano

A CIG-Ensino gaña a primeira sentenza en Galiza que recoñece o dereito aos complementos de labor docente e investigador ao profesorado axudante doutor
A sentenza non é firme e a ACSUG xa anunciou que a recorrerá perante o TSXG, o que indica un novo desprezo da Xunta polo PDI con contrato temporal

A CIG-Ensino esíxelle a Román Rodríguez que deixe os triunfalismos e que poña todas as medidas para garantir a seguridade nas aulas na terceira onda da pandemia
A Consellaría de Educación continúa sen transparencia nos datos de positivos e de contaxios nos centros de ensino, segue sen facilitalos acumulados e desagregados por colectivos, por niveis e por tipo de ensinanzas

O IV convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores non foi asinado pola CIG-Ensino ao non respostar ás nosas reivindicacións nin ás dos traballadores e traballadoras
O pasado día 23 de decembro de 2020 todas as patronais do sector e só CCOO pola parte social asinaron o IV CONVENIO, hipotecando ate 2025 as condicións laborais e salariais dos traballadores/as

A Consellaría continúa desmantelando o ensino público no rural
O CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel e o CEIP de Baamonde son os centros afectados

Durante este mes, o profesorado funcionario de carreira poderá solicitar o cambio de entidade sanitaria en MUFACE
Xaneiro e xuño son os meses nos que se pode realizar este cambio
páxina 79 de 309