CIG-Ensino emprende unha campaña para que a documentación do recoñecemento médico docente sexa en galego

A empresa CUALTIS, á que a Consellaría lle adxudicou o recoñecemento médico, emprega unicamente na súa documentación escrita o castelán, vulnerando a lexislación vixente

A Consellaría de Educación vén de abrir o prazo para que as súas traballadoras e traballadores solicitemos o recoñecemento médico anual ao que temos dereito. Este recoñecemento, de obrigada oferta para todas as empresas e de carácter voluntario para o seu persoal, viña sendo negado reiteradamente pola Consellaría ao persoal docente. Hoxe máis de 30.000 docentes contamos con ela despois de anos de loita sindical e xudicial da CIG-Ensino, con campañas de acción sindical primeiro, e con sentenzas favorábeis do TSXG e do Tribunal Supremo despois.

Cualtis emprega unicamente o castelán na súa documentación escrita

A Consellaría, como noutros casos, privatizou a prestación adxudicando o recoñecemento médico a CUALTIS. Esta empresa emprega unicamente na súa documentación escrita o castelán, vulnerando a lexislación vixente e negándose mesmo a remitila en galego a quen llo solicita de forma expresa. A CIG-ENSINO xa temos denunciado en diversas ocasións este feito, sen que CUALTIS como prestataria, nin a Consellaría como competente do servizo mudasen a actitude.

Dende a CIG-Ensino queremos emprender unha nova campaña para lograr que nas revisións médicas do curso 2021/22 se respecten os dereitos lingüísticos do galego. Para isto animámoste a cumprimentar e enviar unhas cartas dirixidas ao conselleiro de Educación e á empresa CUALTIS, esixindo o respecto polos nosos dereitos lingüísticos. Só tes que completar os teus datos nos escritos adxuntos e enviar por correo electrónico as solicitudes aos seguintes enderezos:

CIG

Anímate a participar e colaborar na defensa do noso idioma e difunde esta campaña coas compañeiras e compañeiros do teu centro.

CIG Informa sobre a campaña para o uso do galego na documentación do recoñecemento médico

Documento


Volver