4014 resultados
"As administracións do PP demostran co seu desleixo que a educación ten prioridade cero na súa acción de goberno"
O portavoz da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, referiuse así á parálise da LOMCE que está a aplicarse "pola porta de atrás" e sen que se debata a súa derrogación

A CIG-Ensino confirma o seu desencontro co MECD na proposta de cambios no sistema de oposicións
Na Mesa Sectorial do Estado de hoxe, 7 de novembro, o Ministerio amosou unha nula vontade de negociación e só adiantou lixeiras modificacións sobre o texto inicial

A CIG-Ensino demanda o incremento de centros cualificados como de especial dificultade
Tras o compromiso obtido na Mesa Sectorial de revisar a orde que actualiza a relación destes centros, o sindicato trasladou á Consellaría as súas propostas e urxe a publicación da orde e os efectos retroactivos

Na Mesa de Negociación das vacantes do Concurso Específico de Orientación a CIG-Ensino consegue que a Consellaría aumente 42 prazas
Negociación coa Consellaría logo da proposta da CIG Ensino na Mesa Sectorial do 24 de outubro

A CIG-Ensino rexeita a proposta de acreditación para o acceso á docencia universitaria da ANECA por centralista e pouco transparente
O sindicato nacionalista entende que a unilateralidade do MECD nesta proposta supón unha imposición que lamina a autonomía universitaria e pretende utilizar a acreditación para converter a ANECA nunha sorte de tribunal central único

A Consellaría volve burlarse da representación sindical dos docentes galegos
Anuncia a oferta de emprego público docente obviando á representación sindical

O Ministerio presenta unha proposta de modificación transitoria do Real Decreto de acceso á función pública docente
A proposta non colma as demandas do colectivo de profesorado interino

A CIG Ensino denuncia que a Consellaría de Educación incrementa en 360.000 € os concertos co ensino privado
A través de axudas das que carecen os centros públicos
Información da Mesa Sectorial do Concurso Xeral de Traslados
Toda a información do desenvolvemento da mesa sectorial celebrada o martes 24 de outubro

Modificación dos permisos de maternidade e paternidade
Modificacións presentadas pola Xunta de Galiza na Mesa Xeral do 19 de outubro

A CIG-Ensino solicita que non se cambien os contidos nin o modelo de proba de acceso á Universidade para a materia Historia de España
A CIUG vén de enviarlle ao profesorado de Xeografía e Historia unha circular informativa sobre a materia Historia de España na que se amplían os contidos que serán avaliados nas vindeiras probas de acceso á universidade e se cambia o modelo de exame

A Consellería de Educación debe dotar os centros de persoal para garantir a atención á diversidade e as necesidades de orientación
Na Mesa Sectorial convocada o martes 24 de outubro para debater o concurso específico de Orientación demandaremos que se cubran todas as vacantes existentes e se creen todas as prazas necesarias para garantir a calidade do ensino
páxina 134 de 309