Universidade

Unha representación da CIG-Ensino mantivo unha reunión co ministro de Universidades

O sindicato maioritario nas universidades galegas dou traslado ao ministro Subirats das demandas sobre a LOSU ao tempo que recibiu información sobre as previsións ministeriais na tramitación da LOSU e o Estatuto do PDI

Todo o persoal investigador con contratos en vigor terá dereito á indemnización que se regula no anteproxecto da Lei da Ciencia

A CIG entende que esta decisión dá resposta a unha inxustiza que afectaba a miles de persoas cando remataban o seu contrato

CIG-Ensino reclama pasos adiante nas universidades galegas para o pago íntegro das pagas extras

O sindicato maioritario diríxese ás tres universidades demandando que se negocie en cada ámbito a aplicación de normas para as pagas extras coas que xa conta o persoal doutras administracións no ámbito galego

Asinado o acordo que recoñece ao profesorado axudante doutor da USC o dereito a participar na convocatoria de sexenios de investigación

Este acordo, que terá efectos xa na convocatoria de Sexenios de 2021, súmase a outros logros sindicais no recoñecemento de dereitos do PDI laboral, nos que CIG-Ensino está a ter un papel protagonista e impulsor

Acordo na Comisión Paritaria do PDI Laboral para negociar en cada Universidade o dereito do PDI temporal á avaliación dos sexenios de investigación

Na mañá do venres 12 de novembro tivo lugar unha reunión da Comisión Paritaria de interpretación do Convenio Colectivo do PDI Laboral do SUG

A CIG-Ensino é excluída das reunións convocadas polo Ministerio de Universidades para tratar o anteproxecto da LOSU

A exclusión da CIG-Ensino é un desplante á lei, ás formas e, sobre todo, ao persoal docente e investigador galego que decidiu cos seus votos que a CIG sexa o primeiro sindicato no sistema universitario galego

Abertas as negociacións da Lei Orgánica do Sistema Universitario

Nunha primeira toma de contacto co ministro Castells evidenciouse a oposición sindical unánime coa proposta ministerial

A LOSU: unha nova lei que non resolve os problemas existentes na universidade e crea problemas novos

O texto engade novos problemas en materia de profesorado

O pagamento de trienios na USC terá efectos económicos do 1 de setembro de 2021

Para o persoal con contrato Predoutoral, Posdoutoral e de Proxectos

Consúmase o pacto de Feijóo con Abanca para regalarlle unha universidade privada

O Parlamento galego vén de aprobar a lei que permitirá a creación da primeira universidade privada con sede en Galiza. Foi cos votos en solitario do PP, convertido máis que nunca en brazo político do poder económico creado ao redor de Escotet e Abanca

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
15/11/2026
Outros 11 Novembro 2026
VIII Ciberliga

Convocada a “VIII CiberLiga 2026/27 modalidade preamateur” dirixida a centros educativos no curso 2026/27.

Outros 11 Novembro 2026
Interinidades en Máquinas e servizos de produción

A Consellaría anuncia a apertura dunha listaxe para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de secundaria de Máquinas e servizos de produción.

Outros 10 Novembro 2026
Programa 'Clube de ciencia'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros participantes no programa de innovación educativa “Clube de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 10 Novembro 2026
Programa 'Lanzaderias Lugo'

Publicada a listaxe provisional de proxectos presentados ao programa Lanzadeiras Lugo para o desenvolvemento de miniempresas en centros educativos durante o curso 2026/2027.

Outros 10 Novembro 2026
Plan Eudemprende

Relación definitiva de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos para participar nos programas do Plan Eduemprende durante o curso 2026-2027.

Outros 10 Novembro 2026
DELF escolar

A Consellaría publica información sobre o diploma do DELF Scolaire.