Universidade

A CIG participa na constitución da comisión de traballo para estabelecer o 1% do PIB nas universidades públicas

Na reunión, convocada polo secretariado de Estado de Universidades, participaron representantes das comunidades autónomas, da CRUE, das organizacións sindicais máis representativas e do estudantado.

CIG e UDC completan o acordo de suba salarial para todo o persoal do Capítulo VI fixando as condicións da súa aplicación

O texto final é froito do acordo ao que chegaron sindicato e universidade no TSXG para poñer fin ao conflito colectivo promovido pola central sindical

A CIG participa na terceira reunión co ministerio de universidades na negociacion do estatuto do PDI

O novo texto recolle varias das propostas feitas na última reunión

Ignorancia e submisión: a combinación perfecta da Xunta para seguir as ordes de Feijóo sobre unha falsa “selectividade común”

A CIG-Ensino denuncia a falta de respecto ao profesorado e ás universidades nunha posta en escena de fogos de artificio

A CIG participou na Mesa de Universidades do Ministerio de Ciencia e Universidades na que se está debatendo o Anteproxecto de Lei de Estatuto do PDI

A reunión estaba centrada nos capítulos I (disposicións xerais) e II (dereitos e deberes) do borrador do Estatuto de PDI

A CIG asina coa UDC un acordo de suba salarial desde 2022 a todo o persoal da UDC a quen se lle negaba este dereito

O acordo evita a vía xudicial do conflito colectivo presentado pola CIG e implica un logro histórico para todo o persoal da UDC

A CIG-Ensino critica, polo fondo e polas formas, o borrador de Estatuto do PDI presentado polo Ministerio de Universidades

O sindicato maioritario en Galiza, ante a negativa ministerial á súa retirada, demandou a negociación por bloques e sen as limitación que pretende o Goberno

Asinado na UDC o acordo para o pagamento da cota patronal a todo o persoal contratado con cargo aos programas Margarita Salas e María Zambrano

Mentres, avanza no Tribunal Supremo o recurso de casación polo mesmo tema interposto pola UVigo, agora con informe favorábel da fiscalía do TS

A CIG-Ensino traslada as súas propostas á ANECA e ao Ministerio de Universidades sobre os criterios de acreditación

O sindicato considera que o Ministerio non pode descargar toda a responsabilidade na Axencia e insta a ambas partes a negociar os novos criterios

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
12/11/2026
Outros 10 Novembro 2026
Programa 'Clube de ciencia'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros participantes no programa de innovación educativa “Clube de Ciencia” para o curso 2026/27.

DOG 9 Novembro 2026
Servizos mínimos para a folga xeral

A Consellaría de presidencia publica os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 11 de novembro de 2026.

DOG 9 Novembro 2026
Folga no ensino concertado

Publica o DOG a orde pola que a Consellaría de presidencia publica os servizos mínimos para a folga no ensino concertado do 10 de novembro.

Outros 9 Novembro 2026
Formación para profesorado de FP e réxime especial

Resolución provisional de proxectos de formación do profesorado de FP e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2026-2027.

Outros 9 Novembro 2026
Prácticum de secundaria

Listaxe definitiva de persoas coordinadoras e titoras do prácticum do mestrado de Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2026/27.

Outros 6 Novembro 2026
Premio Tolerancia cero fronte ao acoso

Ampliado o prazo de presentación de solicitudes para participar no 'Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2026' para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2025/26.