Universidade

Claman en Compostela contra a universidade privada que o PP quere agasallar a Abanca

Centos de persoas percorreron as rúas da capital de Galiza en defensa da universidade pública

CIG-Ensino trasladoulle ao Ministerio de Universidades a necesidade de reforzar as universidades públicas e o seu persoal

Foi na reunión de traballo convocada polo Ministerio na que demos a coñecer a posición do sindicato maioritario en Galiza ao respecto da proposta dunha nova Lei Orgánica do Sistema Universitario

Os campus universitarios galegos claman contra a universidade privada de Escotet

A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública chama á manifestación do día 12

A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública rexeita a universidade privada de Abanca

Concentráronse no Parlamento para demandar que o PP non aplique o ‘rodete’ e aprobe o proxecto

Mobilizacións en defensa da Universidade Pública Galega

Non á creación dunha universidade privada na Galiza

CIG-Ensino incide na súa demanda dun incremento de prazas no Mestrado de Profesorado nas universidades galegas

Tendo en conta que máis dunha cuarta parte do profesorado galego se xubilará nos próximos anos, o sindicato demanda un cambio na limitación imposta pola Xunta

A entrega da Xunta ao capital privado abre a carreira para privatizar os estudos universitarios na Galiza

O sector empresarial coruñés que está detrás de CESUGA quere “coller cacho” logo da alfombra vermella de Feijóo ao proxecto de Escotet

CIG-Ensino critica a absoluta falta de vontade das tres universidades para avanzar na negociación do pagamento dos trienios ao persoal temporal

Malia o recoñecemento expreso do dereito a percibir trienios polo persoal investigador dos programas de RRHH e de abrir este pagamento a outras figuras contractuais temporais, a reunión da Comisión Paritaria pechou sen ningún tipo de avance

Tres de cada catro solicitantes do Mestrado de Formación do Profesorado quedan sen praza nas universidades galegas

Os datos desta disfunción entre a oferta e a demanda educativa destes estudos fóronlle trasladados á CIG-Ensino polo sindicato estudantil Erguer

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
31/10/2026
Outros 29 Outubro 2026
Docencia en Mobilidade segura e sustentable

A Consellaría publica a relación definitiva para impartir docencia, como persoa experta, en certos módulos profesionais do ciclo superior de Formación para a Mobilidade segura e sustentábel no curso 2026-2027. 

Outros 29 Outubro 2026
Prácticum de FP

Na web da Consellaría a listaxe provisional de centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum da formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en FP para o curso 2026/27.

Outros 29 Outubro 2026
Programa Lanzadeiras Lugo

Publicada a resolución coa convocatoria do Programa Lanzadeiras Lugo para o desenvolvemento de miniempresas en centros educativos durante o curso 2026/2027.

Outros 28 Outubro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros que participarán na fase autonómica do programa “Observa_Acción” durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28.

Outros 28 Outubro 2026
Plan de mellora das bibliotecas escolares

Anúnciase a resolución definitiva cos centros que participarán no Plan de mellora das bibliotecas escolares para o curso 2026/2027.

Outros 27 Outubro 2026
Desafío CiberFP

Publicada a convocatoria do Desafío CiberFP  durante o curso 2026/2027.