Universidade

Un sistema universitario galego virtual?

O ensino telemático fixo aflorar as desigualdades socioeconómicas que o sistema de educación pública ten a obriga de paliar e que os centros educativos e o profesorado tratan de atender.

A Xunta recúa ante a mobilización contra a súa intención de converter as universidades galegas en semipresenciais

Desde a CIG-Ensino felicitámonos por esta rectificación pero manterémonos vixiantes ante calquera movemento que vaia nesta liña e por suposto manteremos a nosa oposición ao proxecto da universidade privada de ABANCA

A Xunta aproveita a pandemia da COVID-19 para intentar liquidar as universidades públicas galegas

Comunicado da CIG-Ensino ao “Programa de Transformación” para as universidades galegas promovido pola Xunta de Galiza

A CIG-Ensino demanda unha solución aos contratos de investigación dependentes da Universidade.

Tras xestións realizadas coa Secretaría Xeral de Universidades o sindicato puido saber que se abordou a situación dos contratos do persoal investigador coas tres universidades e que mañá se detallarán os acordos para cada unha das categorías

A Xunta de Galiza segue a discriminar a unha parte do profesorado universitario nos complementos autonómicos

Unha nova sentenza xudicial denega o cobro dos complementos autonómicos ao profesorado colaborador

Información da reunión sindical co ministro de Universidades

A CIG, organización sindical maioritaria en Galiza, participou na tarde do día 8 de abril nunha xuntanza telemática co Ministerio de Universidades, Manuel Castells, o Director Xeral de Universidades e a Directora de Gabinete do ministerio

CIG e UGT denuncian a “deslealdade” de CCOO por rachar a unidade de acción na defensa da Universidade Pública Galega

Pregúntanse se detrás hai un problema de descoordinación ou de “protagonismo”.

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
15/11/2026
Outros 11 Novembro 2026
VIII Ciberliga

Convocada a “VIII CiberLiga 2026/27 modalidade preamateur” dirixida a centros educativos no curso 2026/27.

Outros 11 Novembro 2026
Interinidades en Máquinas e servizos de produción

A Consellaría anuncia a apertura dunha listaxe para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de secundaria de Máquinas e servizos de produción.

Outros 10 Novembro 2026
Programa 'Clube de ciencia'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros participantes no programa de innovación educativa “Clube de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 10 Novembro 2026
Programa 'Lanzaderias Lugo'

Publicada a listaxe provisional de proxectos presentados ao programa Lanzadeiras Lugo para o desenvolvemento de miniempresas en centros educativos durante o curso 2026/2027.

Outros 10 Novembro 2026
Plan Eudemprende

Relación definitiva de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos para participar nos programas do Plan Eduemprende durante o curso 2026-2027.

Outros 10 Novembro 2026
DELF escolar

A Consellaría publica información sobre o diploma do DELF Scolaire.