Universidade

Acordo sindical coas tres universidades galegas para recoñecer o dereito a trienios do persoal con contratos predoutorais e posdoutorais

As negociacións para facer efectivo ese dereito e para pactar as materias de negociación de dereitos do persoal con contrato temporal comezarán o vindeiro 7 de abril e terán un prazo máximo de 3 meses.

A CIG-Ensino solicita a vacinación do alumnado dos graos de educación infantil e primaria e dos mestrados de profesorado de secundaria

Unha vez detectado polo alumnado que compañeiras da rama sanitaria en prácticas foron vacinadas

A CIG-Ensino recorre a decisión das universidades galegas de non convocar a avaliación dos méritos de investigación para o cobro de sexenios do PDI temporal

Malia que hai unha sentenza do Tribunal Supremo que confirma que é discriminatorio non avaliar ao persoal temporal ningunha das tres universidades galegas ten previsto asinar o acordo coa ANECA para este proceso

A CIG-Ensino gaña a primeira sentenza en Galiza que recoñece o dereito aos complementos de labor docente e investigador ao profesorado axudante doutor

A sentenza non é firme e a ACSUG xa anunciou que a recorrerá perante o TSXG, o que indica un novo desprezo da Xunta polo PDI con contrato temporal

A CIG-Ensino insta a dar pasos para eliminar a discriminación salarial do persoal contratado predoutoral e postdoutoral

O sindicato presenta, xunto a UGT e CCOO, unha solicitude de mediación para desbloquear a decisión das universidades de non pagar a antigüidade deste persoal

Comunicado da Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública logo do ditame favorábel do Ministerio de Universidade á creación da universidade privada de Abanca

A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública quere facer público o seu rexeitamento á decisión do Ministerio de Universidades de informar favorabelmente a creación da primeira universidade privada galega

A Universidade de Vigo deberá pagar e desgravar na docencia polo sexenio de transferencia

Unha sentenza vén de recoñecer estes dereitos a un docente da Universidade de Vigo logo dunha demanda presentada e dirixida polos servizos xurídicos da CIG

CIG-Ensino amosa a súa posición crítica coas propostas de reforma da carreira profesional do PDI universitario

O sindicato adiantou as súas críticas aos textos presentados polo ministro Castells para reformar a LOU e para un novo Estatuto do Profesorado Docente e Investigador nunha reunión telemática que tivo lugar o día 13 de xullo.

Un sistema universitario galego virtual?

O ensino telemático fixo aflorar as desigualdades socioeconómicas que o sistema de educación pública ten a obriga de paliar e que os centros educativos e o profesorado tratan de atender.

Quizais quixo dicir:

< Setembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        
2026
30/09/2026
Outros 29 Setembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Convoca a Consellaría o programa 'Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28, que se levará a cabo a nivel autonómico e estatal.'

Outros 29 Setembro 2026
Clube de ciencia

A Consellaría publica a lista de solicitudes de centros para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 25 Setembro 2026
Revisión médica

Comeza o prazo para solicitar a participación da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente para o curso académico 2026/2027.

Outros 24 Setembro 2026
Curso de función directiva

A Consellaría anuncia a convocatoria do curso de formación para desenvolver a función directiva nos centros no ano 2026. 

Outros 22 Setembro 2026
Cinema con perspectiva

Convocado o programa educativo “Cinema con perspectiva” para o curso 2026/27.

Outros 22 Setembro 2026
Plan de mellora das bibliotecas

Publicada unha rectificación de erros na convocatoria do Plan de mellora das bibliotecas escolares para o curso 2026-2027.