A CIG-Ensino remite un escrito ao Ministro de Universidades solicitando que se publiquen as axudas de mobilidade para contratos predoutorais FPU
O procedemento de concesión destas axudas xa é, de por si, deficiente.
A CIG-Ensino vén de remitirlle ao Ministro de Universidades un escrito no que lle solicita:
- Que o Ministerio proceda á publicación da convocatoria á menor brevidade posible.
- A aplicación retroactiva dos prazos.
- A incorporación deste procedemento, mediante a normativa que proceda, a aqueles aos que non lle son de aplicación a suspensión de prazos fixada con carácter xeral polo estado de alarma.
Podedes consultar nesta Ligazón o documento.