CIG-Ensino incide na súa demanda dun incremento de prazas no Mestrado de Profesorado nas universidades galegas

Tendo en conta que máis dunha cuarta parte do profesorado galego se xubilará nos próximos anos, o sindicato demanda un cambio na limitación imposta pola Xunta

Recentemente a CIG-Ensino fíxose eco dun informe realizado pola organización estudantil ERGUER no que se podía constatar o enorme déficit na oferta de praza públicas no Mestrado de Profesorado que se imparte nas tres universidades galegas. Así, segundo ese informe, tres de cada catro solicitantes quedan sen praza nas universidades galegas.

Esta situación, que empurra a numeroso estudantado a cursar eses mestrados en universidades privadas que aplican uns prezos abusivos e que non parten da realidade educativa do noso país, mentres que moitos outros estudantes sen eses recursos económicos vén frustradas as súas aspiracións a poder dedicarse á docencia.

O estudo feito público nestes últimos días pola CIG-Ensino, partindo de datos oficiais da Consellaría do profesorado funcionario de carreira entre 55 e 65 anos, do que se deriva que máis dunha cuarta praza do profesorado galego con praza fixa se xubilará nos próximos anos, incide no problema da insuficiente oferta de prazas, o que pode provocar que nos próximos cursos se incremente o número de estudantes que non poden acceder a prazas nos Mestrados.

Idade

55

56

57

58

59

60

61

62

63

64

65

docentes

999

1030

1020

1033

1014

961

514

393

344

252

193

A CIG-Ensino demanda da Xunta de Galiza unha resposta inmediata a esta problemática, aumentando nestes próximos cursos o número de prazas nos diferentes Mestrados de Profesorado.

Volver