Todo o persoal investigador con contratos en vigor terá dereito á indemnización que se regula no anteproxecto da Lei da Ciencia

A CIG entende que esta decisión dá resposta a unha inxustiza que afectaba a miles de persoas cando remataban o seu contrato

Así o vén de confirmar a representación do Goberno acaba de confirmar nunha reunión do Grupo de Traballo da Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas que tivo lugar na mañá de hoxe, 3 de febreiro e na que participaba unha representación do sindicato maioritario en Galiza.

A CIG considera positivo o cambio do Goberno e entendemos que dá resposta á inxustiza que suporía que miles de persoas non tivesen dereito a unha indemnización ao rematar o seu actual contrato. O sindicato, recollendo o que desde colectivos e asembleas de persoal investigador, se propoñía,  levaba á reunión a proposta de modificar a disposición transitoria segunda da Lei para que as modificacións introducidas fosen de aplicación aos contratos vixentes no momento da entrada en vigor da Lei e dos que se subscriban a partir de entón, recoñecendo o carácter retroactivo deste dereito.

No Grupo de Traballo tamén se informou de que a negociación da carreira investigadora se fará con convocatorias específicas en cada sector.

Volver