Ensino privado

Delegadas da CIG das escolas infantís 0-3 anos presentan preto de 6.000 sinaturas en demanda de salarios dignos, baixada de rateos e melloras laborais

A campaña de recollida de sinaturas tivo un amplo apoio das familias e culminou hoxe coa entrega na Confederación de Empresariado de Galiza onde se solicitou unha reunión coa patronal galega

Negociacións do convenio estatal de servizo e atención ás persoas con discapacidade: 31ª mesa negociadora nun período de tres anos

A CIG-Ensino denunciou unha vez máis a inutilidade do marco estatal e reivindicou un marco galego de relacións laborais como única saída a un convenio digno

Educación Infantil 0-3. Resposta da CIG-Ensino ao comunicado difundido por outros sindicatos rompendo a unidade sindical

A mentira ten as patas curtas e a coherencia sindical está por riba de todo

As patronais da ensinanza concertada néganse, unha vez máis, a asinar as táboas salariais para o ano 2023

Incumprindo deste modo o V convenio actual do sector e dous Reais Decreto Lei cos que se lles incrementaron a elas os módulos do concerto

Asina por un convenio digno e mellora da calidade educativa

Educación Infantil. Etapa 0-3

Sen avances nas negociacións do XVI convenio estatal de servizo e atención ás persoas con discapacidade

As patronais seguen instaladas no inmobilismo e involucionismo normativo, mentres os sindicatos estatais maioritarios amosan complicidade prorrogando tres anos máis o XV convenio e asinando táboas salariais á medida das empresas.

XIII Convenio Estatal Educación Infantil 0-3: as patronais porfían no bloqueo das negociacións e decidiron xunto cos sindicatos estatais acudir ao SIMA, para "desatascar a situación"

A CIG-Ensino denuncia o mantemento do bloqueo patronal, xa no primeiro grupo de traballo creado: xornada e IT, e reitera "que este novo método de negociación non era a solución, e que a loita e a presión son o único camiño para avanzar".

CIG-Ensino e unha representación das asociacións e da patronal de atención a menores acordan facer fronte común para que a Xunta priorice este servizo e acadar un convenio galego de negociación

Esta semana celebrouse unha reunión entre o sindicato mariotario e 8 asociacións/federacións e a patronal AGACEME na que coincidiron en que é preciso máis investimento público nestes centros e melloras nas condicións laborais do seu persoal.

Persoal dos centros de menores de Ourense Montealegre, Monteledo e Montefiz concentráronse por un convenio galego e retribucións e condicions laborais xustas

Son centros que prestan un servizo público fundamental e que, dependendo na actualidade da Fundación Diagrama, veñen padecendo a deixadez desta e da administración da Xunta de Galiza que non atende as súas demandas en connivencia coa empresa.

As traballadoras das escolas infantís mobilízanse na Coruña e Vigo na sexta xornada de folga no que vai de ano

As traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta, etapa 0-3, volveron este martes á folga para reclamar un convenio colectivo digno.