Calendario

Eventos do mes Outubro de 2023

DOG 30/10/2023
Campionato galego de FP Galiciaskills 2023

Anuncia o DOG a encomenda de xestión á Fundación Semana Verde de Galicia para o desenvolvemento do VII Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2023.

Outros 30/10/2023
Contratos programa

Anuncia a web da Consellaría a resolución provisional de centros seleccionados e non seleccionados para participar nos Contratos-Programa Innova durante o curso 23/24.

Outros 30/10/2023
Interinidades en PESSPF

A web da Consellaría publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades de profesores especialistas en sectores singulares da FP.

Outros 27/10/2023
Interinidades en francés do corpo de mestres

A Consellaría publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións na especialidade de francés do corpo de mestres.

Outros 27/10/2023
Programa Observa_Acción

Publicados os centros seleccionados para participar na fase 1 (Autonómica) no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25,

DOG 27/10/2023
Novo nome para o CEIP Manuel Mallo Mallo

Publica o DOG o cambio de denominación do CEIP Manuel Mallo Mallo (Lugo) que pasa a chamarse CEIP plurilingüe de Nadela.

DOG 27/10/2023
Nome novo para o CEIP Nosa Sra. de Lourdes

Publicada no DOG a orde pola que se aproba que o CEIP Nosa Sra. de Lourdes (Mondariz-Balneario) pase a chamarse CEIP Mondariz-Balneario.

DOG 26/10/2023
Novos centros plurilingües

Publicada no DOG a orde pola que se autorizan novos centros plurilingües para o curso 2023/24.

DOG 26/10/2023
Novas seccións bilingües

Resolución no DOG coa autorización de novas seccións bilingües para o curso 2023/24.

DOG 26/10/2023
Programa Plurinfantil

Resolución coa autorización de centros educativos para impartiren o programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2023/24.

DOG 26/10/2023
Probas para a obtención dos CELGAs

Fixadas as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4.

Outros 26/10/2023
Interinidades en varias especialidades

Publica a web da Consellaría a relación provisional provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas e do corpo de profesores de música e artes escénicas.

Outros 26/10/2023
Programa Observa-Acción

Publica a Consellaría un documento informativo dos acordos de colaboración coas Comunidades Autónomas para a fase 3 (a interautonómica) do programa 'Observa-Acción'.

Outros 26/10/2023
Programa EduReferentes

Convocado o programa educativo “EduReferentes” para o curso 2023/24.

Outros 26/10/2023
Biblioteca Creativa

Publicada a resolución provisional dos centros seleccionados para o programa Biblioteca Creativa 2023/24 nas modalidades de nova incorporación e de continuidade.

Outros 26/10/2023
Radio na biblio

Na web da Consellaría a resolución provisional dos centros seleccionados para o programa Radio na Biblio 2023/24 nas modalidades de nova incorporación e de continuidade.

Outros 25/10/2023
Premios na ESO ao esforzo e á superación persoal

Anunciadas as puntuación provisionais dos premios na ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2000-2023.

Outros 25/10/2023
Reclamacións en 2º de Bacharelato

Publicadas na web da Consellaría as Instrucións 10/2023 onde se estabelecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais en 2º de Bach ou da decisión de titulación nesta etapa educativa.

Outros 25/10/2023
Interinidades en informática e en sistemas e aplicacións informáticas

Na web da Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivodas listas de interinidades e substitucións en informática e en sistemas e aplicacións informáticas.

Outros 24/10/2023
Interinidades en especialidades de sectores singulares da FP

Publica a Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.

Outros 24/10/2023
Programa Retorna Talento FP

Está na web da Consellaría a listaxe provisional de persoas candidatas, ordenadas polas puntuacións outorgadas, adxudicadas por centro na modalidade A do programa Retorna Talento FP 2023/24.

DOG 23/10/2023
Servizos mínimos para a folga

Publica o DOG a orde cos servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino público convocada para o día 24 de outubro de 2023.

DOG 23/10/2023
Subvencións a centros privados

Publica o DOG as subvencións públicas a centros privados sostidos con fondos públicos para dotación de aulas dixitais.

Outros 23/10/2023
Plan Proxecta+

Publica a Consellaría na súa web a resolución provisional cos centros admitidos e non admitidos para participar no Plan Proxecta+ durante o curso 2023/24.

Outros 23/10/2023
Clube de ciencia 2023

Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” durante o curso 2023/24.

Outros 23/10/2023
Programa Mobilidades de FP Dual

Anuncia a Consellaría a resolución provisional dos proxectos correspondentes ao programa de mobilidades de FP dual para o curso 2023-2024.

Outros 23/10/2023
Contratos Programa Inclúe

Na web da Consellaría a resolución provisional dos Contratos-Programa Inclúe (CPInclúe) para o curso 2023/24.

Outros 20/10/2023
Plan de formación permanente do profesorado

Na web da Consellaría aparece a resolución provisional dos centros que desenvolven un Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) para o curso 2023-2024.

Outros 20/10/2023
Programa 0bserva_Acción

Resolución provisional na páxina da Consellaría cos centros seleccionados para participar na fase 1 (autonómica) do programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos 2023/24 e 2024/25.

Outros 19/10/2023
Interinidades en informática e sistemas e aplicacións informáticas

Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en informática e sistemas e aplicacións informáticas (PES).

Outros 19/10/2023
Plan de Benestar emocional

Publica a web da Consellaría unha guía para o desenvolvemento do Plan de Benestar emocional.

Outros 19/10/2023
Programa Acompaña

Publica a Consellaría a relación de centros seleccionados e non seleccionados para participar no Programa Acompaña.

DOG 18/10/2023
Subvencións públicas a centros privados

Publica o DOG as bases para a concesión das subvencións públicas a centros privados sostidos con fondos públicos para dotación de aulas dixitais.

Outros 18/10/2023
Programa Retorna Talento FP

A listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24 está na páxina web da Consellaría.

Outros 18/10/2023
Concurso sobre Luísa Villalta

Anuncia a Consellaría a convocatoria dun concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Luísa Villalta, a autora homenaxeada en 2024 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu.

Outros 18/10/2023
Programa Observa_Acción

Na web da Consellaría publícase a resolución definitiva da fase 3 do programa de formación "Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24.

DOG 17/10/2023
Postos de traballo en varios centros de ensino

Publica o DOG a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación.

Outros 17/10/2023
Interinidades en francés

Anuncia a Consellaría a apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de francés do corpo de mestres.

Outros 17/10/2023
Premios na ESO ao esforzo e á superación persoal

Na web da Consellaría as listaxes definitivas de alumnado admitido e excluído dos premios na ESO ao esforzo e á superación persoal.

Outros 17/10/2023
Interinidades en relixión evanxélica

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión evanxélica.

Outros 17/10/2023
Programa Picasso Mob

Na web da Consellaría a resolución definitiva do programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2023/2024.

Outros 17/10/2023
Mestrado do profesorado de secundaria

Publicada a listaxe definitiva de persoas coordinadoras e titoras do prácticum do mestrado en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2023/24.

Outros 17/10/2023
Programa educativo Talentos

Convocada a IV edición do programa educativo Talentos Inclusivos dirixido a centros educativos no curso 2023-2024.

DOG 16/10/2023
Reintegro por gastos en formación

Publicadas as axudas para financiar os gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario do ano 2023.

DOG 16/10/2023
Programa de innovación Polos Creativos

Anúnciase a continuidade do programa de innovación educativa Polos creativos para os cursos 2023/24 e 2024/25.

DOG 13/10/2023
Orde de titulacións

No DOG a orde coas titulacións que permiten a incorporación ás listas de interinidades e substitucións.

 
Outros 13/10/2023
Premios educativos Innovagal

Publica a Consellaría unha corrección de erros á listaxe provisional de candidaturas admitidas e excluídas de Premios Educativos Innovagal.

Outros 13/10/2023
Concurso audiovisual contra a violencia de xénero

A Consellaría anuncia a convocatoria dun Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais contra a violencia de xénero.

Outros 06/10/2023
Programa 'Observa_Acción'

Na web da Consellaría a resolución provisional de acceso á fase 3 do programa de formación "Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24.

Outros 06/10/2023
Programa Picasso Mob

Publicada a  resolución provisional dos centros participantes no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado con centros da Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2023/2024.

Outros 06/10/2023
Programa Retorna Talento FP

Achega a Consellaría a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24.

DOG 06/10/2023
Fondo de acción social

No DOG a resolución coas listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2022, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

Outros 05/10/2023
Interinidades en profesorado especialista

Anuncia a Consellaría a próxima apertura de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.

Outros 05/10/2023
Interinidades en secundaria

Publica a Consellaría a apertura dun procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario.

Outros 05/10/2023
Interinidades en relixión evanxélica

Na web da Consellaría aparece a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de relixión evanxélica.

Outros 05/10/2023
Titorías do prácticum de PTFP

Publicada a listaxe provisional de centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum do curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional para o curso 2023/24.

Outros 05/10/2023
Titorías do prácticum do mestrado de secundaria, etc...

Na web da Consellaría publícase a listaxe provisional de persoas coordinadoras e titoras do prácticum do mestrado en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2023/24.

Outros 05/10/2023
Interinidades en música e artes plásticas

Anúnciase a apertura das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas, do corpo de profesores de música e artes escénicas e do corpo de profesores de artes plásticas e deseño.

Outros 04/10/2023
Acreditación de competencia lingüística

Publicada a resolución coa xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado durante o curso 2023/24.

Outros 03/10/2023
Clubes de lectura

Convocados os Clubs de Lectura dentro do Plan Lía para o curso 2023/24.

Outros 03/10/2023
Programa CiberLiga 2023

Publicada a resolución definitiva do programa educativo V CiberLiga 2023 modalidade preameateur durante o curso 2023/24.

BOE 03/10/2023
Nomeamento de funcionariado de carreira

Publica o BOE o nomeamento do persoal nomeado funcionarias e funcionarios de carreira que superaron os procesos selectivos do 2022.

Outros 02/10/2023
Interinidades na EOI

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

Outros 02/10/2023
Interinidades en secundaria

Na web da Consellaría aparece a relación definitiva e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións de diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario.

Outros 02/10/2023
Convocatoria de Radio na Biblio

Convoca a participación no proxecto Radio na Biblio para o curso 2023-2024.

Outros 02/10/2023
Biblioteca Creativa

Convoca a Consellaría o proxecto de Biblioteca Creativa, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), para centros públicos durante o curso 2023-2024.

Outros 02/10/2023
Mobilidades en FP-Dual

Aparece na web da Consellaría a convocatoria dun  Programa de Mobilidades de FP Dual para o curso 2023/2024.

Outros 01/10/2023
Premio ConVivimos 2023

Convoca a Consellaría a primeira edición do Premio ConVivimos 2023 de convivencia e benestar emocional dirixido aos centros docentes públicos.

< Outubro 2023 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario