Calendario
Eventos do día 18 de Outubro de 2023
Subvencións públicas a centros privados
Publica o DOG as bases para a concesión das subvencións públicas a centros privados sostidos con fondos públicos para dotación de aulas dixitais.
Programa Retorna Talento FP
A listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24 está na páxina web da Consellaría.
Concurso sobre Luísa Villalta
Anuncia a Consellaría a convocatoria dun concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Luísa Villalta, a autora homenaxeada en 2024 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu.
Programa Observa_Acción
Na web da Consellaría publícase a resolución definitiva da fase 3 do programa de formación "Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24.