Calendario
Eventos do mes Novembro de 2023
Acreditación en linguas estranxeiras
Publica a Consellaría a resolución provisional de centros beneficiarios das axudas para a realización de probas acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado do curso 2023/2024.
Apertura de listaxe de interinidades
Anúnciase a apertura de listaxe para cubrir interinidades ou substitucións nas especialidades de EOI de árabe, francés, galego, italiano e portugués.
Interinidades en análise e química industrial
A web da Consellaría publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en análise e química industrial (secundaria).
Servizos mínimos para a folga
Publica o DOG a orde cos servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino público convocada para o día 28 de novembro de 2023.
InnovaTech FP
Publicada a listaxe provisional de equipos presentados á convocatoria do programa InnovaTech FP.
Listaxes de interinidades en tres especialidades de PES
Publicada a relación definitiva da listaxe de interinidades e substitucións nas especialidades de secundaria de informática, navegación e instalacións mariñas e de sistemas e aplicacións informáticas.
Interinidades en profesorado especialista en sectores singulares da FP
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.
Interinidades en varias especialidades de PES
Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva das listaxes de interinidades e substitucións de procesos e produtos en madeira e moble, sistemas electrónicos, sistemas electrotécnicos e automáticos, instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluidos, instalacións electrotécnicas e equipos electrónicos do corpo de profesores de ensino secundario.
Dinamización da lectura en bibliotecas
Anúnciase no DOG a apertura do prazo de inscrición no catálogo Ler conta moito 2024 de actividades de dinamización da lectura en bibliotecas públicas.
Interinidades en música e artes escénicas
Publica a Consellaría a relación definitiva das listaxes para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas.
Interinidades e substitucións en secundaria
Publicada a relación definitiva das listas de interinidades e substitucións en asesoría e procesos de imaxe persoal, procesos de produción agraria, procesos na industria alimentaria, procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos, procesos sanitarios, procesos e produtos de téxtil, confección e pel, procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico e de procedementos sanitarios e asistenciais.
Retorna Talento FP
Publica o DOG a resolución pola que se resolven as axudas correspondentes á modalidade A do programa Retorna Talento FP.
Servizos mínimos para a folga nas Pontes
Publicados os servizos mínimos nos centros de ensino das Pontes de García Rodríguez de cara a folga xeral convocada pola CIG o 23 de novembro.
Integración do antigo corpo de PTFP en PES
A web da Consellaría publica a relación provisional de persoas do antigo corpo de PTFP que se propoñen para a súa integración no corpo de profesorado de ensino secundario.
Interinidades en análise e química industrial
Publica a web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de análise e química industrial de secundaria.
Premios á excelencia musical Mans Futuro 2023
Publicada a resolución dos XVIII Premios á excelencia musical Mans Futuro 2023.
Contratos Programa Inclúe
Na web da Consellaría a resolución definitiva cos centros cos Contratos- Programa Inclúe (CPInclúe) para o curso 2023/24.
Contratos Programa Innova
Publica a Consellaría a resolución definitiva dos Contratos-Programa Innova (CPInnova) para o curso 2023/24.
Novos centros na Rede estatal de excelencia na FP
Anuncia a Consellaría que os CIFP Someso (A Coruña) e o CIFP Politécnico de Santiago van comezar a formar parte da Rede estatal de excelencia da FP.
Programa EduReferentes
Publicada a resolución definitiva cos centros seleccionados para participar no programa educativo EduReferentes durante o curso 2023/24.
Concurso Eduemprende Idea 2023
No DOG a orde pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2023, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.
Plan de mellora de bibliotecas escolares
Publica o DOG a resolución co Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos para o curso 2023/24.
Programa educativo Navega con Rumbo
Anuncia a Consellaría a convocatoria da XII edición do programa educativo Navega con Rumbo para o curso 2023-2024.
Clubes de lectura
Na web da Consellaría a Resolución provisional de centros admitidos e excluídos na convocatoria do programa Clubs de Lectura para o curso 2023/24.
Formación para profesorado
Na web da Consellaría anúnciase a convocatoria de proxectos de formación do profesorado de FP e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2023-2024.
Programa EduMob
Publicada a selección de centros e alumnado para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado co de centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia) durante o curso 2023/2024.
Programa Obradoiros Talento Mozo
Convocado o programa educativo Obradoiros Talento Mozo 2024 dirixido a centros educativos para o curso 2023/2024.
Centros do 'Ponte nas ondas!'
Resolución cos centros que constituirán a Rede de Centros “Ponte... nas ondas!".
Interinidades en varias especialidades de secundaria
Publica a Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en informática, navegación e instalacións mariñas e sistemas e aplicacións informáticas do corpo de secundaria.
Interinidades en música e artes escénicas
Publicada na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas.
Axudas a centros concertados
Publica a web da Consellaría as solicitudes de axudas a centros privados concertados para atención alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/24.
Plan de formación do profesorado
Publica a Consellaría a resolución definitiva cos centros que desenvolven un plan de profesorado permanente do profesorado (PFPP) no curso 2023/2024.
Interinidades en secundaria
Na web da Consellaría a resolución provisional de varias especialidades do corpo de profesorado de secundaria.
DELF escolar
Publica a Consellaría a información sobre o Diploma de estudos en lingua francesa (DELF) a obter nos centros de ensino.
Concurso de traslados
Publicada no DOG a orde pola que se convoca concurso de traslados dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, EOIs, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres e inspectores.
Programa Talentos inclusivos
Publica a Consellaría a resolución definitiva do programa Talentos Inclusivos.
Programa InnovaTech FP
Está na web da Consellaría a convocatoria do programa InnovaTech FP para o curso 2023-2024.
Premios na ESO ao rendemento académico
Anunciada a próxima publicación no DOG da orde coa concesión dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23.
Erasmus+ para alumnado de FP
Anúncianse na web da Consellaría as axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao medio e grao básico de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+.
Plan xeral de inspección educativa
Publica o DOG a resolución co Plan xeral da Inspección Educativa do curso 2023/24.
Concurso de curtas Nós tamén creamos!
Na web da Consellaría publícanse as bases e a convocatoria dos premios a curtas de animación en galego do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2023/2024.
Interinidades no corpo de música e AAEE
Comunicada a apertura de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas.
Interinidades en profesorado especialista de FP
Abertas listaxes de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.
Interinidades en secundaria
Anuncia a Consellaría a apertura de listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario.
Resolución de interinidades en secundaria
Publicada na web da Consellaría a relación definitiva nas listaxes de interinidades e substitucións de organización e proc. de mantemento de vehículos, organización e proxectos de fabricación mecánica, organización e proxectos sistemas enerxéticos, procesos e medios de comunicación e de técnicas e procedementos de imaxe e son.
Programa Retorna Talento FP
Publicada a proposta de adxudicación de persoas solicitantes por centro educativo do Programa Retorna Talento FP 2023/24 correspondentes á súa modalidade B.
Interinidades en francés do corpo de mestres
Na web da Consellaría anúnciase a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións na especialidade de francés do corpo de mestres.
Programa Lectura e familias
Na web da Consellaría a resolución provisional de centros seleccionados na convocatoria do programa Lectura e Familias para o curso 2023/24 nas modalidades de nova incorporación e de continuidade.
Programa EduExchanges
Publica a Consellaría na súa web unha resolución complementaria á convocatoria e selección de centros participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2023/2024.
Programa Retorna talento FP
Publicada na web da Consellaría a proposta de adxudicación de axudas do Programa Retorna Talento FP 2023/24 da modalidade A.
Plan Proxecta+
Publica a Consellaría a resolución definitiva coas bases para a participación dos centros no Plan Proxecta+ durante o curso 2023/24.
Proxectos de Mobilidades en FP Dual
Na web da Consellaría publícase a relación definitiva de proxectos autorizados e relación de proxectos non autorizados correspondentes ao programa de mobilidades de FP dual para o curso 2023-2024.
Interinidades en varias especialidades
Publica a Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades dos corpos de catedráticos e profesores de música e artes escénicas e de artes plásticas e deseño.
Interinidades en varias especialidades de secundaria
Publica a Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en varias especialidades do corpo de profesores de ensino secundario.