Calendario
Eventos do mes Decembro de 2023
Programa EduExchanges de intercambio de alumnado
A Consellaría anuncia a resolución definitiva cos centros que participarán no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2023/2024.
Cinema con perspectiva
Desde aquí poderás consultar a relación definitiva de centros seleccionados para participar no programa educativo Cinema con perspectiva durante o curso 2023/24.
Novo nome para un CEIP de Ferrol
O antigo CEIP de Pazos, en Ferrol, pasa a chamarse CEIP de Pazos-Mestre García Niebla.
Formación do profesorado de FP e réxime especial
Resolución definitiva na web da Consellaría cos proxectos de formación do profesorado de FPl e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2023-2024.
Eduemprende Idea 2023
Publicada na web da Consellaría a proposta provisional de resolución do concurso Eduemprende Idea 2023.
Interinidades en varias especialidades de EOI
Anúnciase a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de EOIs.
Ponte... nas ondas!
Resolución definitiva na web da Consellaría coa relación de centros seleccionados na Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2023/24.
Resolución definitiva do PIALE
Publica o DOG a resolución definitiva coas prazas do programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2023.
Interinidades en varias especialidades de secundaria
Publicada na web da Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións de secundaria de grego, latín, francés, informática, procesos comerciais e sistemas e aplicacións informáticas.
Obradoiros Talento Mozo
Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva cos centros seleccionados para participar no programa educativo Obradoiros Talento Mozo durante o curso 2023/24.
Rede 'Ponte... nas Ondas'
A Consellaría anuncia na súa páxina web a resolución provisional cos centros que constituirán a Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2023/24.
Estadías formativas en empresas
A web da Consellaría publica a resolución de avaliación de estadías formativas en empresas para o profesorado de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.
Interinidades en diversas especialidades de PES
Publicada na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listaxes para cubrir substitucións nas especialidades de PES de grego, latín, francés, informática, procesos comerciais e sistemas e aplicacións informáticas.
Programa 'Lectura e familias'
Na web da Consellaría aparece a resolución definitiva cos centros seleccionados para a participación no programa 'Lectura e familias' para o curso 2023/24.
Innovación educativa en dinamización lingüística
Publicada a convocatoria para os centros participaren en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística durante o curso académico 2023/2024.
Bibliotecas escolares solidarias
Anuncia a Consellaría a convocatoria do programa 'Bibliotecas escolares solidarias' para o curso 2023/2024.
Premios na ESO ao esforzo e á superación persoal
Orde no DOG coa concesión dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022/23.
Comisión avaliadora do CXT
Resolución no DOG coa composición da Comisión avaliadora do concurso de traslados entre o persoal funcionario docente.
Programa EduMob de intercambio de alumnado
Selección definitiva na web da Consellaría dos centros que participarán no programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia) durante o curso 2023/2024.
Integración no corpo de PES do antigo profesorado de PTFP
Resolución coa a relación definitiva de persoas que se propoñen para a súa integración no corpo de profesorado de ensino secundario así como daquelas que se exclúen de xeito definitivo.
Formación en centros de traballo
Publicada no DOG a orde coas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.
Programa 'Navega con rumbo'
Na web da Consellaría a resolución definitiva do Programa educativo Navega con Rumbo durante o curso 2023/24 pola que se fan públicos os centros seleccionados.
Programa 'Cinema con perspectiva'
A Consellaría anuncia a través da súa páxina web a convocatoria para participar no programa educativo “Cinema con perspectiva” durante o curso 2023/24.
Programa Biblioteca creativa
Publica a Consellaría na súa páxina web os centros seleccionados para a participación no proxecto de Biblioteca Creativa no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares para o curso 2023/24.
Programa 'Radio na Biblio'
Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva dos centros seleccionados para participar no programa 'Radio na Biblio' para o curso 2023-2024.
Concurso para centros de adultos
Publicada a orde pola que se convoca concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.
Concurso de orientación
No DOG a convocatoria do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos CEIPs, CEPs e CEEs.
Linguas estranxeiras para o alumnado
Publicada no DOG a resolución coa adxudicación das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23,
Pagamento por kilometraxe
Publica o DOG a resolución cos novos importes das axudas de custo por razón do servizo para gastos por aloxamento e manutención e da indemnización por uso de vehículo particular.
Programa EduMob
Na web da Consellaría publícase a resolución provisional que participarán no programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia) durante o curso 2023/2024.