Calendario
Eventos do mes Xaneiro de 2024
Oferta de emprego público docente
Publica o DOG o decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes.
Orde de titulacións
Publicada no DOG unha modificación na orde coas titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións.
Auxiliares de conversa para centros concertados
O DOG publica a regulación das axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa durante o curso 2023/24.
Certame Cooperativismo no ensino
A Consellaría de Promoción do emprego e igualdade convoca o certame para o ano 2024 'Cooperativismo no ensino' dirixido ao alumnado dos centros educativos.
Bibliotecas escolares solidarias
A web da Consellaría publica a resolución provisional de centros participantes no programa de Bibliotecas Escolares Solidarias, nas modalidades de Voluntariado escolar Primaria e Voluntariado na biblioteca escolar Secundaria e outras ensinanzas para o curso 2023/24.
Gastos por asistencia a actividades de formación
Publica o DOG a orde pola que se conceden axudas para financiar os gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2023.
Axudas a centros privados
Resolve a Consellaría as axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/24.
Bacharelato para maiores de 20 anos
Convoca a Consellaría a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e dita as instrucións para realizala.
Confección de nóminas
Publica o DOG a orde de confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2024.
Premios Innovagal
A web da Consellaría publica a resolución cos premios educativos Innovagal para os centros durante o curso escolar 2023/24.
Formación en centros de traballo
O DOG anuncia a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.
Acordo de renuncias no DOG
Publica o DOG o texto do acordo asinado entre a Consellaría e os sindicatos minoritarios.
Apertura de listas de substitucións
A Consellaría anuncia a apertura de listas para cubrir interinidades e substitucións en diversas especialidades de secundaria.
Concurso para o 8 de Marzo
Convoca a Consellaría o VII Concurso para o deseño do cartel do día 8 marzo "Día Internacional da Muller".
Fomento do uso do galego en centros públicos
Publica o DOG a Resolución pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública.
Proxectos de fomento do galego en centros privados
Anúnciase a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada.
Admisión de alumnado
Iníciase o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
Reintegro por gastos de formación
A web da Consellaría publica a relación de persoas beneficiarias de reintegros de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado.
Avaliación de diagnóstico
Publicada a orde pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico.
Grao en ESO para maiores de 18
Publicada no DOG a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de 18 anos nas convocatorias de abril e xuño así como as instrucións para a súa realización.
Rede de centros de capacitación dixital
Na web da Consellaría publícase a convocatoria do programa para o mantemento e a incorporación de centros educativos á rede de centros de capacitación dixital.
Plan Eduemprende
Convoca a Consellaría o Plan Eduemprende e estabelece as bases para a participación dos centros para o curso 2023/2024.
Protocolo para previr o acoso
A Consellaría publica unha actualización do protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento de acoso e ciberacoso escolar.
Plan integral contra o acoso
Na páxina da Consellaría publícase o Plan integral contra o acoso e ciberacoso escolar.
Aulas de emprendemento na FP
Convoca a Consellaría o programa de Aulas de emprendemento durante o ano 2024.
Acreditación de competencia lingüística
Publica a Consellaría a resolución definitiva de centros beneficiarios das axudas para a realización de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos durante o curso 2023/2024.
Programa 'Que non te líen, ti elixes'
Convocado o programa educativo “Que non te líen, ti elixes” para o curso 2023/24.
Probas de acceso aos graos medio e superior de FP
Reguladas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de FP así como a súa convocatoria para o ano 2024.
Clubes de lectura para o curso 23/24
Na web da Consellaría publícase a resolución definitiva de centros que contarán cun Clube de lectura durante o curso 2023/2024.
Premio ConVivimos 2023
A Consellaría anuncia os premios ConVivimos 2023 de convivencia e benestar emocional para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2022/23.
Aulas como espazo de tecnoloxía aplicada
Convoca a Consellaría o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na FP.
Traballo por proxectos
Publicados os centros premiados na convocatoria do IX Concurso de Traballos por Proxectos.
Proxectos de innovación na FP
Convocados os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP.
Ponderación de materias para as probas de acceso á universidade
Publica o DOG os membros da comisión interuniversitaria de Galicia así como os parámetros de ponderación de materias para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia no curso 2024/25.
Uso dos móbiles nos centros
A Consellaría de Educació publica unha orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos.
Corrección no catálogo de primaria
Publica o DOG unha actualización do catálogo de postos de traballo de primaria que afecta aos postos de PT do CEIP Felipe de Castro de Noia.
Interinidades na EOI
A relación definitiva de profesorado admitido e excluído e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de EOIs.