Calendario

Eventos do mes Febreiro de 2024

Outros 28/02/2024
Plan Eduemprende 2023/2024

Publicada na web da Consellaría a listaxe provisional de centros seleccionados para participar nos programas do Plan Eduemprende 2023/2024.

Outros 28/02/2024
Resultado do sorteo para desempatar na matrícula

Anuncia a Consellaría o resultado do sorteo para desempatar en caso de necesidade no proceso de admisión do alumnado.

DOG 27/02/2024
Convocatoria do programa PIALE

Publica o DOG a orde coa convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa (programa PIALE) para o ano 2024.

DOG 27/02/2024
Instrucións para a ABAU

No DOG a resolución coas instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2024/25.

Outros 27/02/2024
Concurso-exposición sobre Luísa Villalta

Publica a Consellaría a relación de centros gañadores do Concurso-exposición sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada no Día das Letras do ano 2024.

Outros 27/02/2024
Proxectos de innovación na FP

A Consellaría anuncia a  listaxe de proxectos de innovación presentados á convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP.

Outros 27/02/2024
Vacantes definitivas do CXT

Publica a Consellaría as vacantes definitivas que serán obxecto de provisión no concurso xeral de traslados.

DOG 23/02/2024
Avaliación de diagnóstico

Publicadas no DOG as instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e educación secundaria obrigatoria.

Outros 22/02/2024
Apertura de listas en PESSFP

Anúnciase a apertura de listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.

Outros 22/02/2024
Interinidades en EOI

Anuncia a Consellaría a apertura de interinidades e substitucións en chinés, xaponés e portugués do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

Outros 22/02/2024
Interinidades en secundaria

Abren listaxes para cubrir en interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario. 

Outros 22/02/2024
Integración do extinto corpo de PTFP

Está na web da Consellaría a relación provisional de persoas procedentes do corpo de PTFP que se propoñen para a súa integración no corpo de PES.

Outros 20/02/2024
Interinidades en secundaria

A web da Consellaría publica a relación definitiva de profesorado admitido e excluído e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades de ensino secundario. 

DOG 16/02/2024
Convocatoria de cursos CELGA

A Consellaría anuncia a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Outros 15/02/2024
Concurso de traslados

Publica a web da Consellaría a resolución provisional do concurso de traslados do persoal docente. 

Outros 15/02/2024
Concurso de orientación

Publica a Consellaría a resolución provisional do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.

Outros 15/02/2024
Concurso de adultos

A Consellaría publica a resolución provisional do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.

Outros 15/02/2024
Cursos AFD 2024

A Consellaría de Educación informa na súa web da oferta de accións formativas do Plan Formativo para o emprego (cursos AFD) deste ano 2024.

DOG 14/02/2024
Convocatoria das oposicións

No DOG publícase a orde pola que se convocan procedementos selectivos de acceso aos corpos docentes.

Outros 13/02/2024
Auxiliares de conversa

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes abre a convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso escolar 2024/2025.

Outros 13/02/2024
Renovación de auxiliares de conversa

A Consellaría informa sobre o proceso de renovación no Programa de Auxiliares de Conversa en Galicia.

Outros 13/02/2024
Interinidades en varias especialidades

A Consellaría publica na súa web a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en varias especialidades de secundaria.

DOG 12/02/2024
Formación en linguas estranxeiras para o alumnado

Publica o DOG a orde pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024 destinadas ao alumnado.

Outros 09/02/2024
Concurso InnovArt

Convoca a Consellaría un concurso para a elaboración do cartaz de 'InnovArt 2024'.

DOG 08/02/2024
Concurso Eduemprende Idea 2023

Publica o DOG a resoución do concurso Eduemprende Idea 2023.

DOG 08/02/2024
Axudas a centros privados

A Consellaría publica o réxime de axudas a centros docentes privados concertados para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week.

Outros 06/02/2024
Vacantes provisionais do CXT

Publica a Consellaría na súa páxina web as vacantes provisionais que serán obxecto de provisión no concurso de traslados.

Outros 06/02/2024
Admisión de alumnado

A Consellaría anuncia que o próximo 27 de febreiro fará o sorteo público anual para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2024/2025.

Outros 02/02/2024
Rede de escolas de fronteira

A Consellaría crea, con carácter experimental, a Rede de Centros “Escolas de Fronteira” e dá a coñecer os centros que a conformarán durante o curso 2023/24.

Outros 01/02/2024
Bibliotecas escolares solidarias

Publica a Consellaría a resolución definitiva de centros adheridos ao programa de Bibliotecas Escolares Solidarias.

Outros 01/02/2024
Concurso Eduemprende Idea 2024

Convoca a Consellaría o concurso Eduemprende Idea 2024.

< Febreiro 2024 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29      

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario