Calendario

Eventos do mes Marzo de 2024

DOG 25/03/2024
Concurso de orientación no DOG

Publica o DOG a resolución definitiva do concurso de méritos para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación.

Outros 25/03/2024
Radio na Biblio

A Consellaría anuncia a convocatoria do VI Concurso de Podcasts – Radio na biblio.

Outros 25/03/2024
Estadías formativas en empresas

Publicada a resolución provisional de estadías formativas en empresas ou organismos destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de FP inicial e das artes plásticas e o deseño.

Outros 22/03/2024
Resolución definitiva do CXT

A web da Consellaría publica a resolución definitiva do concurso xeral de traslados.

DOG 21/03/2024
Concurso de adultos

Publicada no DOG a resolución definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.

DOG 21/03/2024
Integración en PES

Resolto definitivamente o procedemento de integración no corpo de profesorado de ensino secundario.

Outros 18/03/2024
Interinidades en maderia e moble, patronaxe e soldadura

Na web da Consellaría publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de PESSFP.

Outros 18/03/2024
Interinidades en chinés, xaponés portugués.

Relación definitiva na web da Consellaría de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo en diversas especialidades do corpo de profesores de EOIs.

Outros 18/03/2024
Interinidades en secundaria

Publicada a relación e o baremo definitivos das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario.

Outros 15/03/2024
Concurso de orientación

Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.

Outros 14/03/2024
Programa Bachibach

Na web da Consellaría a convocatoria da proba externa do programa de dobre titulación de Bacharel e Baccalauréat para o curso académico 2023/2024 así como as instrucións para o seu desenvolvemento.

Outros 13/03/2024
Concurso de adultos

Na web da Consellaría publícase a adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.

Outros 13/03/2024
Boletín informativo en educación infantil

A Consellaría publica unhas instrucións para explicar as novas funcionalidades do boletín informativo de avaliación do alumnado de educación infantil.

DOG 13/03/2024
Retorna talento FP

Publica o DOG a orde coa convocatoria do programa Retorna talento FP.

DOG 13/03/2024
Probas para os CELGA

Anuncia a Consellaría a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2024.

Outros 12/03/2024
Interinidades en carpintería e moble, patronaxe e soldadura

Publicada a resolución provisional de profesorado admitido e excluído e o baremo provisional nas listas de interinidades e substitucións nas especialidades de fabricación e instalación de carpintería e moble, patronaxe e confección e soldadura.

Outros 12/03/2024
Interinidades en chinés, xaponés e portugués

Na web da Consellaría publícase a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións nas especialidades de EOI de chinés, xaponés e portugués.

Outros 12/03/2024
Interinidades en varias especialidades de PES

Publica a Consellaría na súa web a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de PES.

Outros 11/03/2024
Espazos de tecnoloxía aplicada na FP

Publicada na web da Consellaría a listaxe de proxectos presentados á convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional no ano 2024.

Outros 08/03/2024
Integración de profesorado do antigo corpo de PTFP

Na web da Consellaría publícase a relación definitiva de persoas que se propoñen para a súa integración no corpo de profesorado de ensino secundario así como das excluídas.

Outros 06/03/2024
Plan Eduemprende

Publicada na web da Consellaría a relación de centros seleccionados para participar nos programas do Plan Eduemprende 2023/2024.

Outros 06/03/2024
Acreditación dixital do alumnado

Ampliado o prazo de solicitude de inscrición nas probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato no curso 2023/24.

Outros 05/03/2024
Mobilidades de persoal en FP

Resolución coa adxudicación de mobilidades de persoal de profesorado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de FP do proxecto 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242.

Outros 04/03/2024
Estadías formativas en empresas

Na web da Consellaría as estadías formativas en empresas ou organismos equiparados destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de FP inicial e das artes plásticas e o deseño.

Outros 04/03/2024
Eduemprende Lanzadeiras Lugo

Na web da Consellaría aparece a convocatoria do programa Lanzadeiras Lugo para o desenvolvemento de miniempresas en centros educativos durante o curso 2023/2024.

Outros 01/03/2024
Centros de capacitación dixital

Publica a Consellaría a resolución cos centros educativos que pertencen á rede de capacitación dixital da Consellaría.

Outros 01/03/2024
Acreditación das competencias dixitais do alumnado

A Consellaría publica as instrucións para realizar a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato. 

< Marzo 2024 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario