Calendario
Eventos do mes Abril de 2024
Proba de galego nas oposicións
Publicada a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nas oposicións.
Proba de castelán nas oposicións
Na web da Consellaría publicouse o tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento da lingua castelá nos procedementos selectivos de acceso aos corpos docentes.
Novas seccións bilingües
Publicada a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües.
Probas para obter o CELGA
O DOG publica as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4.
Calendario escolar
Publicada no DOG a orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes.
Premio Clubes de lectura
Anunciada na web da Consellaría que a escritora Arantza Portabales é a merecedora do Premio dos Clubs de Lectura 2024.
Tribunal nº 2 de procesos de diagnóstico clínico
Publicado o resultado sorteo do tribunal nº 2 da especialidade Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico que, por erro, non fora sorteado.
Programa Lanzadeiras Lugo
Publica a web da Consellaría a resolución provisional de proxectos presentados á convocatoria do programa Lanzadeiras Lugo 2023/2024.
Concurso de Traballo por proxectos
Anuncia a Consellaría a convocatoria do X Concurso de Traballos por Proxectos.
Programa Cuale
Publicada no DOG a convocatoria para os centros participaren no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) durante o curso 2024/25.
Estadías formativas en empresas
A Consellaría publica na súa web a relación definitiva de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2024 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de FP inicial e das artes plásticas e o deseño.
Rede de centros E-Dixgal
Na web da Consellaría publícase a convocatoria da selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2024/25.
Comisións de servizo por conciliación
Está aberto o prazo para solicitar as comisións de servizo por conciliación da vida laboral e familiar.
Comisións de saúde
Está aberto o prazo para solicitar comisións de servizo por motivos de saúde.
Aulas de emprendemento
A web da Consellaría publica a relación de centros seleccionados para participar no programa Aulas de emprendemento 2024.
Concurso Xeral de Traslados no DOG
Publica a Consellaría no DOG a resolución definitiva do Concurso Xeral de Traslados.
Comisións de servizo
A Consellaría anuncia que o prazo para solicitar as comisións de servizo tanto por motivos de saúde como por conciliación da vida laboral e familiar comeza o luns 15 de abril.
Tribunais das oposicións
Publica a Consellaría na súa páxina web o resultado do sorteo público dos/as vogais dos tribunais que xulgarán as oposicións do 2024.
Premios de innovación educativa
No DOG publícase a convocatoria dos premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.
Concurso sobre consumo responsábel
Convocada a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida: Consumópolis-19: súmate á enerxía responsable.
Estadías formativas en empresas
Publica a Consellaría unha modificación da Resolución pola que se convocan estadías formativas en empresas.
Persoal admitido nas oposicións
Publica a Consellaría as listas provisorias de persoal admitido e excluído para as oposicións docentes do ano 2024.
Regulación do PluriBach
O DOG publica a resoloción pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2024/25.
Orde de direccións
O DOG publica a convocatoria do concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes.
Plurilingüismo en infantil
Regulación do programa de plurilingüismo ao segundo ciclo da educación infantil para o curso 2024/25 no DOG.
Rede de centros plurilingües
Publicada a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2024/25.
Selo Biblioteca escolar solidaria
A Consellaría anuncia a convocatoria da concesión do Selo Biblioteca Escolar Solidaria e a selección de experiencias de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria de centros integrados no programa BIibliotecas escolares solidarias no curso 2023/24.
Premios Innovagal 2024
A Consellaría anuncia a convocatoria dos premios educativos Innovagal para os centros educativos públicos para o ano 2024.
Programa Spring week
Na web da Consellaría publícase a resolución provisional de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, para o alumnado de 6º de primaria e de ESO durante o curso 2023/24.