Calendario

Eventos do mes Maio de 2024

Outros 31/05/2024
Centros plurilingües

Na web da Consellaría publícase a relación provisional de centros que se incorporan  á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2024-2025.

Outros 31/05/2024
Centros con Plurinfantil

Publicada na web da Consellaría a resolución provisional de centros que se incorporan ao programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2024/2025.

Outros 31/05/2024
Plan Proxecta+

Na web da Consellaría anuncian a convocatoria e a apertura do prazo para participar no plan Proxecta+ para o curso 2024/2025.

Outros 31/05/2024
Proxecto LÓVA

Convocado o procedemento de selección para que os centros educativos interesados en participar no proxecto LÓVA presenten as súas solicitudes.

DOG 30/05/2024
Tribunais das oposicións

Publica o DOG a Resolución coa composición completa dos tribunais que xulgarán as oposicións deste ano 2024.

DOG 30/05/2024
Programa Bachibac

Publicada a Resolución coa incorporación de centros ao programa de dobre titulación de bacharel e baccalauréat (Bachibac).

DOG 30/05/2024
Organización académica e matrícula nas EOIs

Dita a Consellaría as instrucións para a preinscrición, a admisión, a matrícula e a organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2024/25.

DOG 30/05/2024
FP Plurilingüe

Anuncia o DOG a resolución pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2024/25.

Outros 30/05/2024
Programa Lanzaderias Lugo

Publica a web da Consellaría a relación de centros seleccionados para participar no Programa de Lanzadeiras Lugo durante o curso escolar 2023/2024.

Outros 29/05/2024
Centros STEMbach

Publica a Consellaría a relación provisional de proxectos de investigación desenvoltos no Bacharelato STEMBach para o curso 2023/2024.

DOG 27/05/2024
Alumnado de atención preferente

Publicada no DOG a orde coa convocatoria do concurso para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización de alumnado de atención preferente.

DOG 22/05/2024
Fondo de acción social

Publicada no DOG a resolución cos criterios de repartición e a convocatoria do Fondo de Acción Social 2023, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade

DOG 21/05/2024
Concurso de méritos de estabilización

Publica o DOG unha corrección de erros na relación de persoas que superaron os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización.

DOG 21/05/2024
Competencias dixitais do alumnado

Anunciada a ampliación do prazo para solicitar a acreditación das competencias dixitais das persoas que obtivesen o título de ESO nos cursos 2021/22 ou 2022/23 tendo participado no programa E-Dixgal nun mínimo de tres cursos.

DOG 20/05/2024
Premios extraordinarios de Bacharelato

Publicada a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato así como as instrucións para a súa realización.

Outros 20/05/2024
Programa de intercambio Picasso Mob

Publicada a resolución provisional dos centros participantes no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2024/2025.

Outros 16/05/2024
Radio na Biblio

Publicada a resolución do VI Concurso de Podcast Radio na Biblio.

Outros 16/05/2024
Acreditación de competencias dixitais do alumnado

Publicada unha pequena corrección de erros nas instrucións para o alumnado acreditar as súas competencias dixitais.

Outros 16/05/2024
Probas de galego e castelán nas oposicións

Publica a Consellaría o resultado das cualificacións da proba eliminatoria de acreditación do coñecemento de lingua castelá e galega das oposicións a corpos docentes do 2024.

Outros 16/05/2024
Concurso Atrévete a ter unha idea

Anunciada a ampliación do prazo de presentación de solicitudes do concurso 'Atrévete a ter unha idea' até o luns 27 de maio inclusive.

Outros 15/05/2024
Non participación no CADP

Do 15 ao 31 de maio está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de non participación no CADP para o curso 2024-2025.

Outros 10/05/2024
Proxectos de innovación en FP

Publica a Consellaría a resolución provisional cos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP.

Outros 10/05/2024
Listaxe definitiva de persoas admitidas nas oposicións

Na web da Consellaría publícase a listaxe definitiva de profesorado admitido e excluído para as oposicións de acceso e ingreso nos corpos docentes.

DOG 07/05/2024
Recursos curriculares en lingua galega

Anuncia a Consellaría a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios para o ano 2024.

Outros 03/05/2024
Centros con E-Dixgal

Publica a Consellaría a resolución provisional de centros admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2024/25.

Outros 03/05/2024
Programa PIALE

Na web da Consellaría publícase a resolución provisional das solicitudes admitidas e excluídas para participar no programa PIALE 2024.

< Maio 2024 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario