Calendario
31/05/2024
Centros plurilingües
Na web da Consellaría publícase a relación provisional de centros que se incorporan á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2024-2025.
Centros con Plurinfantil
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional de centros que se incorporan ao programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2024/2025.
Plan Proxecta+
Na web da Consellaría anuncian a convocatoria e a apertura do prazo para participar no plan Proxecta+ para o curso 2024/2025.
Proxecto LÓVA
Convocado o procedemento de selección para que os centros educativos interesados en participar no proxecto LÓVA presenten as súas solicitudes.