Calendario
Eventos do mes Xuño de 2024
Premios na ESO ao esforzo e á superación persoal
Convocados os premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24.
Programa Retorna talento FP
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas no Programa Retorna Talento FP 2024/2025.
Curta Nós tamén creamos!
Resolución da XII edición dos premios a curtas de animación en galego do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!
Cursos CELGA
Convocados cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, CELGA.
Comisións por conciliación
Publicada a relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas para o curso 2024-2025.
Centros con Plurinfantil
Publicada a resolución definitiva de centros que se incorporan ao programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2024/2025.
Centros plurilingües
A Consellaría publica a resolución definitiva de centros que se incorporan á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2024-2025.
VI Ciberliga
Convocada a “VI CiberLiga 2024/25 modalidade preamateur” dirixida a centros educativos no curso 2024/25.
Programa Picasso Mob
Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros do programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2024/2025.
Plan Proxecta+
Anuncia a Consellaría que amplía o prazo para solicitar a participación no Plan Proxecta+ para o curso 2024/25.
Comisións de saúde
Na web da Consellaría publícase a relación provisional de solicitudes de comisións de servizos admitidas e excluídas en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde.
Fomento do uso do galego
Publicada a concesión das axudas aos proxectos de fomento do uso do galego correspondentes ao curso escolar 2023/24.
Centros E-Dixgal
O DOG anuncia a resolución definitiva da relación de centros docentes admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2024/25.
Convocatoria do CADP
Anuncia a Consellaría a apertura do prazo para participar no Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais (CADP) para o curso 2024-2025.
Traballos de investigación do STEMBach
Publicada a listaxe de centros e proxectos seleccionados para a fase final do recoñecemento dos traballos de investigación do alumnado STEMBach.
Solicitudes de non participación no CADP
A web da Consellaría publica as solicitudes de non participación do concurso de adxudicación de destinos provisionais para o 2024-2025.
Información sobre as oposicións a celebrar en Pontevedra
A Consellaría publica na súa web información importante dirixida ao profesorado que vai examinarse en Pontevedra das oposicións o sábado 22 de xuño.
Novas seccións bilingües
Publicada a relación provisional de seccións bilingües admitidas e non admitidas para o curso 2024/2025.
Fase 2 do programa Observa_Acción
Resolución provisional de centros participantes na Fase 2 do programa “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25.
Fase 4 do programa Observa_Acción
Na web da Consellaría publicada a resolución provisional de centros na Fase 4 do programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos 2022/23 e 2023/24.
Programa EduFrance
Aberta a convocatoria para a selección de centros para participar no programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros educativos dependentes das Régions Académiques Hauts-de-France e Bretagne durante o curso escolar 2024/2025.
Bacharelato STEMBach
Publicada a resolución pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2024/25.
Plan de mellora de bibliotecas escolares
Convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2024/25.
Clubes de lectura
Anuncia a Consellaría a apertura do prazo para solicitar os centros a participación no programa de Clubes de lectura para o curso 2024-2025.
Restricións para o profesorado interino ou susbtituto
Comeza o prazo para o persoal interino ou substituto para optar por realizar substitucións nunha ou varias provincias ou en concellos determinados.
PIALE 2024
Na web da Consellaría a resolución definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2024.
Premio Boas prácticas en educación inclusiva
Convocado o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2024 para os centros durante o curso escolar 2023/24.
Oferta de formación profesional
A resolución co anuncio da actualización da oferta de formación profesional para o curso 2024/25 está publicada no DOG.
Programa Educación responsable
Anuncia a Consellaría a convocatoria da selección de centros para incorporarse ao programa Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, para o curso 2024/25.
Distribución de opositores por tribunais
Publicada na web da Consellaría a distribución entre os distintos tribunais das persoas aspirantes definitivamente admitidas nos procedementos selectivos a realizar en xuño de 2024.
Datas, horas e lugares das oposicións
A Consellaría publica na súa web as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación das persoas aspirantes e a primeira proba das oposicións de xuño de 2024.
Comisións por conciliación
Publicada a resolución provisional das comisións de servizos admitidas e excluídas en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral.
Direccións nos CIFP
No DOG publícase a orde coa convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional.
Concurso de asesorías na Consellaría
Publica o DOG a convocatoria do concurso público de méritos para cubrir postos de persoal asesor na Consellería.
Programa EduExchanges
Na web da Consellaría publícase a convocatoria e selección de centros para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2024/2025.
Bibliotecas escolares solidarias
Anuncia a Consellaría o Selo Biblioteca Escolar Solidaria así como a selección de experiencias de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria de centros integrados no programa Bibliotecas escolares solidarias no curso 2023/2024.
Instrucións para o curso 2024-2025
Publica a Consellaría no DOG as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, ESO e bacharelato no curso académico 2024/25.
Concurso para prazas sometidas a convenio
Convocado concurso específico de méritos para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería.
Habilitacións en primaria
Comeza o prazo, que se prolongará até o 1 de xullo, para que o persoal docente funcionario de carreira do corpo de mestres solicite o recoñecemento de novas especialidades.