Calendario

Eventos do mes Xullo de 2024

DOG 31/07/2024
Centros de FP plurilingües, ciclos formativos e cursos de especialización autorizados no curso 2024/25

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de centros autorizados para impartir ensinanzas de formación profesional plurilingües, así como de ciclos formativos e cursos de especialización autorizados, no curso 2024/25, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

DOG 29/07/2024
PIALE no DOG

ORDE do 17 de xullo de 2024 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (Piale), para o ano 2024

DOG 26/07/2024
Prazas convenio ou programa

ORDE do 17 de xullo de 2024 pola que se resolve o concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería, convocado mediante a Orde do 21 de maio de 2024

DOG 26/07/2024
Instrucións ensino de adultas

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2024/25

DOG 24/07/2024
Supresión de ensinanzas

ORDE do 15 de xullo de 2024 pola que se modifica a oferta e se suprimen as ensinanzas de bacharelato na modalidade xeral no IES Arcebispo Xelmírez I, do concello de Santiago de Compostela

DOG 24/07/2024
Implantación de ensinanzas universitarias

ORDE do 15 de xullo de 2024 pola que se autoriza a implantación de ensinanzas universitarias oficiais de grao e máster universitario nas universidades que forman parte do Sistema universitario de Galicia para o curso 2024/25

DOG 22/07/2024
Instrucións FP 2024/25

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2024/25

DOG 22/07/2024
Instrucións graos D e E de FP

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións sobre a ordenación e a organización dos graos D e E de formación profesional para o curso 2024/25

DOG 17/07/2024
Acreditación CDD

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convocan diferentes procedementos para a obtención da acreditación da competencia dixital docente para o persoal docente non universitario dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

BOE 17/07/2024
Modificación do CXT

Real Decreto 677/2024, do 16 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 1364/2010, do 29 de outubro, polo que se regula o concurso de traslados de ámbito estatal entre persoal funcionario dos corpos docentes contemplados na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, e outros procedementos de provisión de prazas a cubrir polos mesmos

Outros 15/07/2024
Restricións para o profesorado interino e substituto

Remata o prazo para o persoal interino ou substituto para optar por realizar substitucións nunha ou varias provincias ou en concellos determinados.

DOG 15/07/2024
Actualización da confección de nóminas

ORDE do 11 de xullo de 2024 pola que se ditan as instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2024 e se actualizan as contías das retribucións en aplicación do Real decreto lei 4/2024, do 26 de xuño.

Outros 04/07/2024
Prazas sometidas a convenio

A web da Consellaría publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, as puntuacións provisorias e a adxudicación provisional correspondente ao concurso específico de méritos en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellaría.

Outros 04/07/2024
Postos de escolarización preferente

Publicada a relación provisional de persoas admitidas do concurso específico de méritos para a cobertura, en réxime de comisión de servizos, de postos de escolarización de alumnado de atención preferente.

Outros 04/07/2024
Bacharelato de ciencia e tecnoloxía

Publicados os proxectos e centros gañadores na fase final do recoñecemento aos proxectos desenvoltos no marco do bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), no curso 2023/24.

Outros 04/07/2024
Asesorías na Consellaría

Publica a Consellaría unha corrección de erros nas puntuacións provisionais no concurso para cubrir postos de persoal asesor na Consellaría de Educación.

DOG 03/07/2024
PluriArt

Resolución no DOG para o desenvolvemento dos ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) para o curso 2024/25.

Outros 03/07/2024
Plans de formación permanente do profesorado

Convoca a Consellaría a selección de plans de formación permanente do profesorado (PFPP) para o curso 2024/25.

Outros 02/07/2024
Programa 'Observa_Acción'

Na web da Consellaría a resolución definitiva de centros candidatos para participar na Fase 2 do programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25.

Outros 02/07/2024
Asesorías na Consellaría

Publicadas as puntuacións provisionais das persoas candidatas correspondentes do concurso público para cubrir postos de persoal asesor na Consellería de Educación.

DOG 01/07/2024
Direccións nos CIFP

Publicada a resolución da convocatoriade postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de FP.

Outros 01/07/2024
Presentación de méritos nas oposicións

A Consellaría pon á disposición do persoal aspirante un modelo normalizado de alegación de méritos para a presentación de méritos ante o tribunal.

Outros 01/07/2024
Programa EduMob

Na web da Consellaría a resolución definitiva cos centros e alumnado do programa EduMob durante o curso 2024/2025.

< Xullo 2024 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario