Calendario
04/07/2024
Prazas sometidas a convenio
A web da Consellaría publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, as puntuacións provisorias e a adxudicación provisional correspondente ao concurso específico de méritos en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellaría.
Postos de escolarización preferente
Publicada a relación provisional de persoas admitidas do concurso específico de méritos para a cobertura, en réxime de comisión de servizos, de postos de escolarización de alumnado de atención preferente.
Bacharelato de ciencia e tecnoloxía
Publicados os proxectos e centros gañadores na fase final do recoñecemento aos proxectos desenvoltos no marco do bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), no curso 2023/24.
Asesorías na Consellaría
Publica a Consellaría unha corrección de erros nas puntuacións provisionais no concurso para cubrir postos de persoal asesor na Consellaría de Educación.