Calendario
Eventos do día 30 de Maio de 2024
Tribunais das oposicións
Publica o DOG a Resolución coa composición completa dos tribunais que xulgarán as oposicións deste ano 2024.
Programa Bachibac
Publicada a Resolución coa incorporación de centros ao programa de dobre titulación de bacharel e baccalauréat (Bachibac).
Organización académica e matrícula nas EOIs
Dita a Consellaría as instrucións para a preinscrición, a admisión, a matrícula e a organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2024/25.
FP Plurilingüe
Anuncia o DOG a resolución pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2024/25.
Programa Lanzaderias Lugo
Publica a web da Consellaría a relación de centros seleccionados para participar no Programa de Lanzadeiras Lugo durante o curso escolar 2023/2024.