Calendario
Eventos do día 13 de Marzo de 2024
Concurso de adultos
Na web da Consellaría publícase a adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.
Boletín informativo en educación infantil
A Consellaría publica unhas instrucións para explicar as novas funcionalidades do boletín informativo de avaliación do alumnado de educación infantil.
Retorna talento FP
Publica o DOG a orde coa convocatoria do programa Retorna talento FP.
Probas para os CELGA
Anuncia a Consellaría a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2024.