Calendario
27/02/2024
Convocatoria do programa PIALE
Publica o DOG a orde coa convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa (programa PIALE) para o ano 2024.
Instrucións para a ABAU
No DOG a resolución coas instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2024/25.
Concurso-exposición sobre Luísa Villalta
Publica a Consellaría a relación de centros gañadores do Concurso-exposición sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada no Día das Letras do ano 2024.
Proxectos de innovación na FP
A Consellaría anuncia a listaxe de proxectos de innovación presentados á convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP.
Vacantes definitivas do CXT
Publica a Consellaría as vacantes definitivas que serán obxecto de provisión no concurso xeral de traslados.