Calendario
Eventos do día 23 de Outubro de 2023
Servizos mínimos para a folga
Publica o DOG a orde cos servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino público convocada para o día 24 de outubro de 2023.
Subvencións a centros privados
Publica o DOG as subvencións públicas a centros privados sostidos con fondos públicos para dotación de aulas dixitais.
Plan Proxecta+
Publica a Consellaría na súa web a resolución provisional cos centros admitidos e non admitidos para participar no Plan Proxecta+ durante o curso 2023/24.
Clube de ciencia 2023
Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” durante o curso 2023/24.
Programa Mobilidades de FP Dual
Anuncia a Consellaría a resolución provisional dos proxectos correspondentes ao programa de mobilidades de FP dual para o curso 2023-2024.
Contratos Programa Inclúe
Na web da Consellaría a resolución provisional dos Contratos-Programa Inclúe (CPInclúe) para o curso 2023/24.