Calendario

Eventos do mes Setembro de 2023

Outros 29/09/2023
Clube de Ciencia 2023-2024

Publicada a relación provisional de centros admitidos para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” durante o curso 2023/24.

Outros 29/09/2023
Interinidades en varias especialidades de música

Na web da Consellaría publícase a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas e de profesores de música e artes escénicas.

Outros 29/09/2023
Programa Acompaña

A Consellaría fai pública a relación de centros seleccionados e non seleccionados para participar no Programa Acompaña.

Outros 28/09/2023
Probas libres na EOI

Anuncia a Consellaría a apertura do prazo para inscribirse nas probas libres das Escolas Oficiais de Idiomas. 

Outros 27/09/2023
Actualización do expediente

Comunica a Consellaría que se abre un prazo para que o persoal docente funcionario de carreira e de prácticas poida actualizar o seu expediente persoal.

Outros 25/09/2023
Revisión médica

Anuncia a Consellaría a apertura do prazo da campaña de vixilancia da saúde.

Outros 25/09/2023
Relación provisional de listaxes de substitucións

Publica a Consellaría a relación provisional de profesorado admitido e excluído das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario.

Outros 25/09/2023
Interinidades na Escola de Idiomas

Publica a Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en árabe, francés e italiano da EOI. 

Outros 25/09/2023
Interinidades no Conservatorio

Na web da Consellaría publícase a relación provisional da das listas de interinidades e substitucións en varias especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas e do corpo de profesores de música e artes escénicas

Outros 25/09/2023
Programa de intercambio EduFrance

Anúnciase na páxina web da Consellaría a resolución definitiva cos centros beneficiarios e non beneficiarios das axudas para participar no programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros educativos dependentes das Régions Académiques Hauts-de-France e Bretagne durante o curso escolar 2023/2024.

Outros 25/09/2023
Elección do Consello escolar

Estabelecido o calendario para realizar eleccións para a constitución do consello escolar. 

DOG 22/09/2023
Eleccións de consello escolar

Publicado no DOG o calendario para realizar eleccións para a constitución do consello escolar en centros docentes.

Outros 22/09/2023
Bibliotecas escolares

Publicadas as instrucións para o desenvolvemento da organización e o funcionamento das bibliotecas escolares nos centros docentes.

Outros 22/09/2023
Plan de formación 'Observa_acción'

Convoca a Consellaría o programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25, que se levará a cabo a nivel autonómico, estatal e internacional.

Outros 22/09/2023
Interinidades en relixión evanxélica

Anuncia a Consellaría a apertura do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións do corpo de profesores de relixión de primaria, especialidade relixión evanxélica.

Outros 21/09/2023
Renovación do equipamento

Anuncian a apertura do prazo para que os centros de ensino fagan as solicitudes de renovación de equipamento mobiliario, didáctico e deportivo. 

Outros 21/09/2023
Relación de permutas provisionais

Publicada a relación de intercambios provisionais de prazas para o curso 2023/2024.

Outros 21/09/2023
Programa 'Que non te líen, ti elixes'

Na web da Consellaría a relación de centros seleccionados para participar no programa educativo 'Que non te líen, ti elixes' durante o curso 2023/24.

Outros 19/09/2023
Proxectos de formación do profesorado

Anuncia a Consellaría a convocatoria de proxectos de formación específicos para o profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

Outros 19/09/2023
Programa Retorna talento

Na páxina da Consellaría anúnciase a ampliación do prazo para participar no programa Retorna Talento FP.

Convocatorias 15/09/2023
V CiberLiga 2023 modalidade preameateur

Resolución do 13 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a "V CiberLiga 2023 modalidade preameateur" dirixida a centros educativos de Galicia no curso 2023/24.

Outros 15/09/2023
Centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2023-2024

Resolución do 14 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2023-2024.

Convocatorias 15/09/2023
Integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de FP no corpo de PES

Resolución definitiva da Comisión designada no procedemento de integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de FP no corpo de PES convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023

Convocatorias 15/09/2023
Digitalweek

Resolución definitiva de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek

Convocatorias 15/09/2023
Programa educativo "Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais"

Resolución do 13 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023/24.

DOG 13/09/2023
PluriArt - Corrección de erros

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de escolas de arte e superiores de deseño autorizadas para impartir ciclos formativos plurilingües (PluriArt), así como os ciclos formativos autorizados, para o curso 2023/24

Outros 13/09/2023
Convivencia

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2023/2024

Outros 12/09/2023
PROENS

Novidades no inicio de curso sobre a aplicación PROENS e a formación sobre deseño curricular.

Convocatorias 11/09/2023
Curso de formación para o desenvolvemento da función directiva

Resolución do 11 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o curso de formación para o desenvolvemento da función directiva no ano 2023 que acredita para o acceso a postos de dirección en centros docentes públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, de Educación.

DOG 08/09/2023
Ensinanzas artísticas superiores de Deseño

ORDE do 29 de agosto de 2023 pola que se modifica a Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño en desenvolvemento do Decreto 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

DOG 04/09/2023
Probas CELGA

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C).

DOG 04/09/2023
Persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2023/24.

DOG 04/09/2023
Persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico de FP

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional, na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2023/24.

< Setembro 2023 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario