Calendario
Eventos do mes Agosto de 2023
Persoa coordinadora de benestar e convivencia nos centros
ORDE do 23 de agosto de 2023 pola que se establece a figura da persoa coordinadora de benestar e convivencia nos centros docentes de Galicia.
Materias optativas da educación secundaria obrigatoria
ORDE do 9 de agosto de 2023 pola que se amplía a relación de materias optativas da educación secundaria obrigatoria e se establece o seu currículo.
Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas
RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2023/24.
Persoal que superou o procedemento de concurso oposición extraordinario
ORDE do 1 de agosto de 2023 pola que se fai pública a relación do persoal que superou o procedemento de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 5 de decembro de 2022, anunciada mediante a Resolución do 12 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia número 242, do 22 de decembro).
Prórroga de seccións bilingües - Ensinanzas artísticas
RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, de prórroga de seccións bilingües en determinados centros de ensinanzas artísticas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia.
Relación complementaria de persoas que superaron os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso excepcional
ORDE do 7 de agosto de 2023 pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas que superaron os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (Diario Oficial de Galicia número 206, do 28 de outubro; corrección de erros no Diario Oficial de Galicia número 216, do 14 de novembro).
Adxudicación definitiva CADP
RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2023 pola que se adxudican definitivamente os destinos provisionais para o curso académico 2023/24 entre o persoal docente dos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso ao servizo activo (código de procedemento ED002B).
Currículo do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais e do ámbito de Ciencias Aplicadas dos ciclos formativos de grao básico de formación profesional
DECRETO 126/2023, do 20 de xullo, polo que se establece o currículo do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais e do ámbito de Ciencias Aplicadas dos ciclos formativos de grao básico de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
Modificación de unidades e postos de traballo
ORDE do 31 de xullo de 2023 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, de educación infantil, educación primaria e educación especial.
Transformación de IES en CIFP
DECRETO 125/2023, do 3 de agosto, polo que se transforman institutos de educación secundaria en centros integrados de formación profesional.
Prazas sometidas a convenio ou a programas específicos
ORDE do 1 de agosto de 2023 pola que se resolve o concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería, convocado mediante a Orde do 15 de xuño de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 121, do 27 de xuño).
Ensinanzas de Formación Profesional Plurilingües e cursos de especialización
RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de centros autorizados para impartir ensinanzas de formación profesional plurilingües, así como os ciclos formativos e cursos de especialización autorizados, no curso 2023/24, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Concurso para prazas do equipo de orientación específico
RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2023, da Comisión de Selección, pola que se aproban e se fan públicas a relación definitiva de admitidos e excluídos, as puntuacións definitivas e a adxudicación definitiva correspondente ao concurso de traslados específico de prazas nos equipos de orientación específicos, convocado mediante a Orde do 12 de abril de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 78, do 24 de abril).
Currículo de Secundaria - Modificación
DECRETO 117/2023, do 27 de xullo, polo que se modifica o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Currículo de Bacharelato - Modificación
DECRETO 118/2023, do 27 de xullo, polo que se modifica o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Axudas para a edición de recursos didácticos en galego
RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 18 de abril de 2023.
Integración PTFP - Recoñecemento de especialidades
RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se recoñece a titularidade de especialidades integradas no corpo de profesores de ensino secundario e no corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional ao persoal funcionario de carreira do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional que se integra no corpo de profesores de ensino secundario e ao profesorado que estaba en situación de excedencia nese corpo.