Calendario
Eventos do mes Xullo de 2023
STEMBach para o curso 2023/2024
Na web da Consellaría a resolución definitiva dos centros con bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2023/24.
Persoal asesor na Consellaría de Educación
Publicada a relación definitiva do persoal seleccionado no concurso para cubrir prazas de persoal asesor na Consellaría de Educación.
Premios na ESO ao esforzo e á superación persoal
No DOG a composición da comisión de Selección que valorará os méritos das persoas candidatas aos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022/23.
Centros na rede RAOGAL
Na web da Consellaría a resolución provisional coa relación dos centros que amplían a Rede Galega de Acompañamento e Orientación persoal e familiar (RAOGAL).
Concurso nas EOE
Publica a Consellaría na súa páxina web a relación definitiva do concurso de traslados específico de prazas nos equipos de orientación específico.
Prazas sometidas a convenio
Publicada a relación provisional de admitidos e excluídos, as puntuacións provisorias e a adxudicación provisional do concurso específico de méritos para prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellaría.
Aulas de emprendemento na FP
Na web da Consellaría pode consultarse a relación de centros seleccionados para participar no programa Aulas de emprendemento na Formación Profesional durante o ano 2023.
Adxudicación provisional do CADP
Publicada na web da Consellaría a adxudicación provisional do CADP para o curso 2023-2024.
Integración en secundaria do antigo corpo de PTFP
Publicada no BOE a Disposición pola que se integra no corpo de profesorado de secundaria a todo o persoal funcionario de carreira, a extinguir, do corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional.
Direccións e asesorías de CAFI e CFRs
Na web da Consellaría publícase a relación definitiva de persoas que foron seleccionadas para cubrir as prazas de direccións e asesorías de CFRs e CAFI e relación de prazas declaradas desertas.
Programa Eduexchanges
Convocada a selección de centros para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2023/2024.
Froita fresca, leite e castañas para o alumnado
Publicada no DOG a Resolución que regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado.
Espazos de tecnoloxía aplicada na FP
Publica a Consellaría na súa web a resolución do programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional.
Asesorías na Consellaría
Publicada na web da Consellaría a listaxe definitiva de méritos e a relación provisional de persoas seleccionadas no concurso de méritos para cubrir prazas na asesoría da Consellaría de Educación.
Licenzas por formación
Publicada a resolución provisional das licenzas de formación do profesorado.
Centros no programa CUALE
Na web da Consellaría publícase a listaxe definitiva de centros autorizados para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2023/2024.
Instrucións para o desenvolvemento da FP
Publica o DOG a resolución pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de FP no curso 2023/24.
STEMbach 2023-2024
Publica a Consellaría a resolución provisional do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2023-2024.
Concurso aos CFRs, CAFI...
Publicada a relación definitiva de persoas que superaron ambas partes do proceso de selección así como o detalle das cualificacións obtidas no concurso para acceder á dirección dos CFRs e asesorías do CAFI e dos CFRs.
Cursos de especialización de FP
No DOG a resolución pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos cursos de especialización de formación profesional no ano académico 2023/24.
Dietas de kilometraxe
Publica o BOE o novo importe coa indemnización polo uso do vehículo particular por razóns do servizo.
Persoal asesor na Consellaría de Educación
Publicada na web da Consellaría a relación provisional do concurso de méritos para cubrir prazas de asesoría na Consellaría de Educación.
Fondo de acción social
Publicadas no DOG as listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas do Fondo de Acción Social 2022 coas axudas para a atención de persoas con discapacidade.
Comisións de saúde por causa sobrevida
A Consellaría anuncia a apertura do prazo extraordinario para solicitar comisión de servizos en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde por causa sobrevida.
Comisións de servizo por motivos de saúde
Publica a Consellaría na súa web a relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde.
Programa Lanzadeiras 22-23
Publicada a relación de premiados no concurso de miniempresas do programa Lanzadeiras 2022-2023.
Permutas para profesorado con destino definitivo
Anuncia a Consellaría que o prazo para que as persoas que non están obrigadas a participar no CADP do curso académico 2023/24 poderán solicitar intercambio provisional de prazas entre o 15 de xullo e o 31 de xullo.
Especialidades en PES dos antigos PTFP
Resolución na que se recoñece, de oficio, ao persoal funcionario de carreira do corpo para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, integrado no corpo de profesores de ensino secundario, a titularidade neste corpo, da especialidade ou especialidades das que era titular no corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional.
Fase A para cubrir postos nos CFR, CAFI...
Na web da Consellaría publícase a relación de puntuacións definitivas da Fase A do concurso público de méritos para a dirección dos CFRs e asesorías do CAFI e dos CFRs.
Fase B para os postos nos CFR, CAFI...
Publicados os chamamentos para realización da fase B ás persoas candidatas seleccionadas na fase A do concurso para cubrir postos de dirección dos CFRs e asesorías do CAFI e dos CFRs.
Profesorado apto na fase de prácticas
Publica o DOG a relación de profesorado apto e non na fase de prácticas así como as renuncias á condición de persoal funcionario en prácticas.
Digitalweek
Na web da Consellaría a resolución provisional para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de primaria e de ESO durante o curso 2023/24.
Profesorado obrigado a participar no CADP
A Consellaría fíxo públicas as relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar na adxudicación de destinos provisionais 2023/2024.
Cursos de especializacion en FP
A Consellaría dita instrucións para o desenvolvemento dos cursos de especialización de formación profesional no ano académico 2023-2024.
Premios Educativos Innovagal
Publicada a convocatoria dos premios educativos Innovagal para os centros docentes públicos durante o curso 2023/24.
Prazas nos CFR e no CAFI
Publicación na web da Consellaría da relación de puntuacións provisionais das persoas candidatas correspondentes á Fase A da Convocatoria do concurso para as direccións dos centros de formación e recursos e asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos Centros de formación e recursos.
Concurso para os Equipos de Orientación Específicos
Publicada a relación provisional de admitidos e excluídos, as puntuacións provisorias e a adxudicación provisional correspondente ao concurso de traslados específico de prazas nos equipos de orientación específico.
FP plurilingüe
Publicada a listaxe provisional de centros e ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2023/2024.
Club de Ciencia
Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" para centros docentes públicos durante o curso 2023/24
Corrección de erros das instrucións do curso 2023/24 de EOI
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2023/24
Validacións
ORDE do 22 de xuño de 2023 pola que se establecen medidas para a validación ou a exención de materias da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato e materias das ensinanzas profesionais de música e de danza ou a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento