Calendario
Eventos do día 24 de Xullo de 2023
Integración en secundaria do antigo corpo de PTFP
Publicada no BOE a Disposición pola que se integra no corpo de profesorado de secundaria a todo o persoal funcionario de carreira, a extinguir, do corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional.
Direccións e asesorías de CAFI e CFRs
Na web da Consellaría publícase a relación definitiva de persoas que foron seleccionadas para cubrir as prazas de direccións e asesorías de CFRs e CAFI e relación de prazas declaradas desertas.
Programa Eduexchanges
Convocada a selección de centros para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2023/2024.