Calendario

Eventos do mes Xuño de 2023

Outros 27/06/2023
Aclaracións sobre a participación no CADP

A Consellaría publica unha serie de aclaracións como resposta a diversas consultas sobre a participación do CADP do profesorado que accedeu por concurso de méritos.

DOG 27/06/2023
Prazas sometidas a convenio

Convocado concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da consellería.

Outros 26/06/2023
Programa PIALE 2023

Publica a Consellaría a resolución definitiva das solicitudes admitidas e excluídas para participar no programa PIALE para o 2023.

Outros 23/06/2023
Plan Proxecta+

Publicada na web da Consellaría a resolución pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros.

Outros 23/06/2023
Contratos-Programa Innova

Publicada a resolución pola que se regulan os Contratos-Programa Innova (CPInnova) para o curso 2023/24.

Outros 23/06/2023
Plan anual de formación do profesorado

Publicado na web da Consellaría o Plan de formación do profesorado para o curso 2023-24.

DOG 22/06/2023
Oferta de FP

Publicado o anuncio da actualización da oferta de formación profesional para o curso académico 2023/24.

DOG 22/06/2023
Cursos de linguaxe administrativa e CELGA

Anúnciase a convocatoria, con carácter gratuíto, de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados do CELGA Que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas.

Outros 21/06/2023
Programa Educación responsable

Publica a Consellaría a resolución definitiva de centros docentes seleccionados e non seleccionados para desenvolver no curso 2023/24 o programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”.

Outros 21/06/2023
Rede RAOGAL

Anúnciase a convocatoria da Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL) para o curso 2023-2024.

Outros 21/06/2023
Programa 'Que non te líen, ti elixes'

Publicada a convocatoria do programa educativo “Que non te líen, ti elixes” para o curso 2023/2024.

DOG 20/06/2023
CADP no DOG

Publica hoxe o DOG a resolución pola que se convoca o Concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso 2023-2024.

Outros 20/06/2023
Solicitudes de non participación no CADP

Publica a Consellaría na súa páxina web a listaxe coas solicitudes de non participación do concurso de adxudicación de destinos provisionais 2023-2024.

Outros 20/06/2023
Interinidades en formación para a mobilidade

Anuncia a Consellaría a apertura de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia como profesor/a especialista no grao superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable.

DOG 19/06/2023
Instrucións para o curso que vén

No DOG publícase a resolución coas instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, ESO e bacharelato no curso académico 2023/24.

Outros 19/06/2023
Premio Boas Prácticas en educación inclusiva

Convocado o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2023.

Outros 19/06/2023
Ciclos formativos plurilingües

Publicada na páxina web da Consellaría a resolución coa regulación dos ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) para o curso 2023/24.

Outros 19/06/2023
Centros con seccións bilingües

Na web da Consellaría a listaxe provisional de seccións bilingües admitidas e non admitidas para o curso 2023/2024.

Outros 19/06/2023
Espazos da tecnoloxía aplicada na FP

Publicada a listaxe provisional de proxectos admitidos e excluídos no programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na FP durante o ano 2023.

Outros 16/06/2023
Contratos programa CP Inclúe

Publicada a resolución pola que se regulan os Contratos - Programa Inclúe (CPInclúe) para fomentar a inclusión educativa.

Outros 16/06/2023
Manual para elaborar programacións

Publica a Consellaría un manual de axuda para a elaboración de programacións didácticas de educación infantil, educación primaria, ESO e bacharelato.

Outros 16/06/2023
Centros non admitidos en Pluribach

A listaxe definitiva de centros non admitidos para a incorporación ao programa PluriBach para o curso 2023-2024 está na web da Consellaría.

Outros 16/06/2023
Centros con Plurinfantil

Anunciada a listaxe definitiva de centros admitidos e excluídos no programa Plurinfantil para o curso 2023-2024.

Outros 16/06/2023
Centros plurilingües

Publicada na web da Consellaría a listaxe definitiva de centros admitidos e excluídos para a incorporación á Rede de centros plurilingües para o curso 2023-2024.

Outros 16/06/2023
Centros no programa LÓVA

Publicada a relación de centros seleccionados para participar no programa LÓVA para o curso 2023/2024.

Outros 16/06/2023
Concurso de méritos extraordinario

A web da Consellaría publica unha modificaciónn a relación definitiva de persoas propostas para superar os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso nos corpos docentes.

Outros 15/06/2023
Optativas na ESO e en Bacharelato

Publica a web da Consellaría os proxectos de ordes polas que se amplía a relación de materias optativas da ESO e do Bacharelato.

Outros 15/06/2023
Comisións de conciliación

Publicada na web da Consellaría a resolución provisional das solicitudes de comisións de servizos de conciliación da vida familiar e laboral para o curso 2023-2024.

Outros 15/06/2023
Cambio nas oposicións de Historia da arte

Publicada unha corrección de erros co lugar das oposicións da especialidade de Historia da arte.

DOG 14/06/2023
Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía

Publicada a resolución pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2023/24.

Outros 14/06/2023
Cambio nas oposicións de francés de EOI

Publica a Consellaría unha corrección de erros relativa á presentación das oposicións da especialidade de francés da Escola Oficial de Idiomas.

DOG 13/06/2023
Currículo de primaria

Publica o DOG a Orde que estabelece a ordenación e o currículo da educación primaria.

DOG 13/06/2023
Currículo de secundaria

No DOG publícase a Orde pola que se estabelecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria.

DOG 13/06/2023
Currículo do bacharelato

Publícase a Orde no DOG coa ordenación e o currículo do bacharelato.

DOG 13/06/2023
Currículo de infantil

Publicada a orde coa ordenación e o currículo de infantil.

DOG 13/06/2023
Plan de mellora das bibliotecas

Convocado o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios para o curso 2023/24.

Outros 13/06/2023
Oposicións de ruso

Publícase unha corrección de erros relativa ao temario das oposicións da especialidade de ruso da Escola Oficial de Idiomas.

Outros 13/06/2023
Instrucións para o curso 2023-2024

Publícase na web da Consellaría o borrador da resolución coas instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2023/24.

DOG 12/06/2023
Asesorías na Consellaría

Convocado o concurso de méritos para cubrir prazas de persoal asesor na consellería.

Outros 12/06/2023
Programa de Lanzadeiras Lugo

Publica a web da Consellaría os centros seleccionados para participar no Programa de Lanzadeiras Lugo durante o curso escolar 2022/2023.

Outros 12/06/2023
Tribunais das oposicións

Publicada a composición definitiva dos tribunais constituídos para xulgar as probas dos procedementos selectivos de corpos docentes de xuño de 2023.

Outros 09/06/2023
Datas, horas e lugares das oposicións

Publicadas na web da Consellaría as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación das persoas aspirantes ás oposicións do 2023.

DOG 08/06/2023
Competencia dixital docente

Publícase no DOG a orde pola que se regula o procedemento para a acreditación da competencia dixital docente.

DOG 08/06/2023
Dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat

Publicada a resolución coa incorporación e impartición do programa de dobre titulación de Bacharel e Baccalauréat -Bachibac-.

Outros 08/06/2023
Concurso Miniempresas Lugo

Na web da Consellaría anúnciase a ampliación do prazo para a participación no Concurso Miniempresas Lugo 2022/2023 ata o 22 de xuño de 2023.

DOG 07/06/2023
Axudas a proxectos de fomento do uso do galego

Publicada a resolución coas axudas aos proxectos de fomento do uso do galego en centros públicos.

DOG 06/06/2023
Nova listaxe definitiva de admitidos nas oposicións

Publica a Consellaría a listaxe definitiva de profesorado admitido para as oposicións logo de excluír ás persoas que acceden ao corpo por concurso de méritos.

Outros 05/06/2023
Aulas de capacitación dixital

Na web da Consellaría anticipan a resolución pola que se estabelecen aulas de capacitación dixital nos centros de ensino.

Outros 05/06/2023
Intercambio de alumando EduFrance

Publicada a convocatoria para a selección de centros públicos de ensino para participar no programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros das Régions Acadèmiques Hauts-de-France e Bretagne durante o curso escolar 2023/2024.

DOG 02/06/2023
Concursos para os CFR e para asesorías

No DOG a convocatoria do concurso de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

Outros 02/06/2023
Programa LÓVA

Convocada a selección de centros que desexen participar no programa LÓVA (A Ópera, un vehículo de aprendizaxe) para o curso 2023/2024. 

Outros 02/06/2023
Programa That's English

Anúnciase a apertura do prazo de matrícula para o programa That's English! nas Escolas de Idiomas.

Outros 01/06/2023
Habilitacións no corpo de mestres

Desde hoxe até o 30 de xuño está aberto o prazo para que o profesorado do corpo de mestres poida solicitar o recoñecemento dunha nova especialidade.

< Xuño 2023 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario