Calendario
Eventos do mes Maio de 2023
Organización nas EOI
Publicadas no DOG as instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2023/24.
Tribunais das oposicións
Publica o DOG a resolución pola que se nomea e se fai pública a composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de acceso á función pública docente deste ano 2023.
Programa Plurinfantil
Publicadas as listaxes provisionais de centros admitidos para a incorporación á Rede de centros plurilingües para o curso 2023-2024.
PluriBach
Na web da Consellaría publícase a listaxe provisional de centros admitidos para a incorporación á Rede de centros plurilingües para o curso 2023-2024.
Novos centros plurilingües
Na web da Consellaría anúnciase a listaxe provisional de centros admitidos para a incorporación á Rede de centros plurilingües para o curso 2023-2024.
Proba de galego nas oposicións
Publicadas as cualificacións da proba de galego do concurso oposición extraordinario.
Resolución definitiva do concurso de méritos
Publicada na web da Consellaría a relación definitiva de persoas propostas para superar os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización.
Aulas de emprendemento en FP
Convocado o programa Aulas de emprendemento na Formación Profesional durante o ano 2023.
Bibliotecas escolares solidarias
Na web da Consellaría publícase a relación de centros seleccionadosno programa de Voluntariado de lectura-Primaria así como os selos Biblioteca escolar solidaria.
Centros E-Dixgal
Publicada a Resolución coa relación de centros admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2023/24.
Espazos de tecnoloxía aplicada na FP
Na web da Consellaría publícase a convocatoria do programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na FP durante o ano 2023.
Programa Digitalweek
Publicada na web da Consellaría a convocatoria e selección de centros para participar no programa de inmersión lingüística en inglés a través de actividades dixitais, Digitalweek, para alumnado de 6º de primaria durante o curso 2023/24.
Integración de profesorado de PTFP en PES
Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario.
Plurilingüismo en FP
Publicada a resolución pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2023/24.
Premios na ESO ao rendemento académico
Designados os membros do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico do curso 2022/23.
Novas ensinanzas no IES San Clemente (Santiago)
Publicada a orde pola que se autorizana oferta de ensinanzas de bacharelato na modalidade xeral, en réxime de educación a distancia, no IES San Clemente (Santiago de Compostela).
Puntuacións definitivas do concurso de estabilización
Publica a Consellaría a relación definitiva do baremo dos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso aos corpos de profesorado funcionario de carreira mediante concurso de méritos.
Relación provisional de profesorado que superou o concurso de estabilización
Na web da Consellaría publícase a resolución provisional de persoas propostas para superar os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización.
Calendario escolar
Publicada no DOG a orde co calendario escolar para o curso 2023/24.
Concurso de Podcast Radio na Biblio
Publicada na web da Consellaría a resolución do V Concurso de podcast Radio na Biblio.
Solicitude de non participación no CADP
Comeza o prazo o 15 de maio para solicitar non participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) para o curso 2023/2024.
Comisións de servizo por conciliación
Aberto o prazo para solicitar as comisións de servizo por conciliación da vida laboral e familiar.
Comisións de servizo por motivos de saúde
Abre o prazo para solicitar comisión de servizos en atención a situacións persoias especiais por motivos de saúde.
Aclaración sobre os prazos de renuncia no concurso de estabilización
Publicada a modificación da Orde pola que se convocan procedementos selectivos extraordinarios de estabilización referida aos prazos de renuncia en caso de ter prazas por varias especialidades.
Proxectos de innovación en FP
Publicada a relación de centros premiados no desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional.
Instrucións para a toma de posesión
Publica a Consellaría na súa web as instrucións para a toma de posesión do profesorado que obtivo destino definitivo nos concursos de traslados convocados no curso académico 2022-2023.
Resolución definitiva do CXT de mestres
Publica o DOG a resolución definitiva do concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres.
Centros E-Dixgal
Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva de centros admitidos para participar no proxecto E-Dixgal durante o curso 2023/24.
Reclamacións ao baremo do concurso de estabilización
Anuncia a Consellaría pola que se declaran decaídos do trámite de emenda ao baremo provisorio ás persoas aspirantes que non tiveran formulada reclamación no prazo estabelecido.
Acordo coas condicións de traballo do persoal interino e substituto
Publícase no DOG a resolución co texto refundido onde se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto.
Ensinanzas artísiticas superiores de deseño
Publicado o decreto polo que se estabelece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.
Lanzaderias Lugo 2022-2023
Convoca a Consellaría a selección de centros que participarán no programa Lanzadeiras Lugo durante o curso 2022/2023.
Orde sobre o concurso de méritos de estabilización
Na web da Consellaría publícase unha orde que aparecerá no DOG e que modifica aquela pola que se convocou o concurso de méritos extraodinario de estabilización.
Resolución definitiva do CXT de secundaria
Publica o DOG a resolución definitiva do CXT dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de inspectores.
Ponderación de materias troncais e de opción para a ABAU
Publica o DOG o nomeamento dos membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia así como os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da ABAU para o curso 2023/2024.
CUALE nos CPIs, IES e CIFP
Publica o DOG a convocatoria para a autorización dos CPIs, IES e CIFP para a participación no Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) para o curso 2023/24.
Seccións bilingües
No DOG a Resolución coa convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2023/24.
Acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio
Designados os membros do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba que substitúe o requisito da titulación de ESO para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio para o curso 2023/24.
Acceso a ensinanzas deportivas de grao superior
Na web da Consellaría a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores e para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior para o curso 2023/24.
Resolución definitiva do CXT de secundaria
Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva do concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de secundaria, EOIs, música, artes plásticas, PTFP, ...
Proba de galego nas oposicións
Publica a Consellaría na súa web a composición do tribunal de valoración da proba de galego para as oposicións.
Adxudicación definitiva do concurso de orientación
No DOG a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación.
Interinidades en danza aplicada
Na web da Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas das listas de interinidades e substitucións en danza aplicada á arte dramática do corpo de profesores de música e artes escénicas.
Interinidades en secundaria e en varias especialidades a extinguir de FP
Publicada a relación definitiva para cubrir interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario e do corpo, a extinguir, de PTFP.