Calendario
Eventos do día 15 de Maio de 2023
Solicitude de non participación no CADP
Comeza o prazo o 15 de maio para solicitar non participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) para o curso 2023/2024.
Comisións de servizo por conciliación
Aberto o prazo para solicitar as comisións de servizo por conciliación da vida laboral e familiar.
Comisións de servizo por motivos de saúde
Abre o prazo para solicitar comisión de servizos en atención a situacións persoias especiais por motivos de saúde.
Aclaración sobre os prazos de renuncia no concurso de estabilización
Publicada a modificación da Orde pola que se convocan procedementos selectivos extraordinarios de estabilización referida aos prazos de renuncia en caso de ter prazas por varias especialidades.
Proxectos de innovación en FP
Publicada a relación de centros premiados no desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional.
Instrucións para a toma de posesión
Publica a Consellaría na súa web as instrucións para a toma de posesión do profesorado que obtivo destino definitivo nos concursos de traslados convocados no curso académico 2022-2023.