Calendario
Eventos do mes Abril de 2023
Fondo de acción social
Publica o DOG a convocatoria do Fondo de Acción Social relativo á axuda para a atención de persoas con discapacidade.
Recursos didácticos en galego
Convocadas subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios para o ano 2023.
Elección de direccións
Publicada unha modificación na orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección.
Convocatoria do PIALE
Publica o DOG a orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa (PIALE) para o ano 2023.
Programa Observa_Acción
Na web da Consellaría a resolución definitiva de centros participantes na 2ª fase do programa 'Observa_Acción'.
Profesorado a extinguir de técnicos de FP
Publica a web da Consellaría a resolución coa relación de persoas que se exclúen provisionalmente do proceso de integración en secundaria.
Información sobre o baremo do concurso de méritos
Publica a Consellaría unhas informacións aclaratorias sobre a publicación das puntuacións provisorias do baremo dos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización mediante concurso de méritos.
Vacantes definitivas do CXT
Publica a Consellaría a relación de vacantes definitivas do concurso de traslados do 2023.
GaliciaSkills 2023
Convocado o 7º Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2023, que se celebrará no recinto Feira Internacional Abanca de Silleda durante os días 25, 26 e 27 de outubro de 2023.
Programa Educación Responsable
A web da Consellaría publica a resolución pola que se convoca a selección de centros para incorporarse ao programa Educación Responsable do curso 2023/24.
Tribunais das oposicións
Publicado na web da Consellaría o resultado do sorteo dos e das vogais dos tribunais que xulgarán o concurso-oposición do ano 2023.
Interinidades en francés
Publica a web da Consellaría a relación provisional das listas de interinidades e substitucións na especialidade de francés do corpo de mestres.
Concurso para os EOEs
Publicada no DOG a orde pola que se convoca concurso de traslados específico para cubrir prazas nos equipos de orientación específicos.
Procedemento de integración en secundaria
No DOG a orde pola que se resolve o procedemento de integración no corpo de profesores de ensino secundario.
Resolución definitiva do concurso de orientación
Publicada a resolución definitiva do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.
Exames do CELGA
Publica o DOG as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023.
Programa PIALE
A web da Consellaría publica a convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa (PIALE).
Estadías formativas en empresas
Publicada a resolución definitiva das estadías formativas en empresas para o ano 2023 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de FP inicial, e das artes plásticas e o deseño.
Interinidades en varias especialidades de música e artes escénicas
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas en listas de interinidades e substitucións de diversas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas.
Proxecto E-dixgal
Publica a web da Consellaría a resolución provisional de centros admitidos para participar no proxecto E-Dixgal durante o curso 2023/24.
Interinidades na EOI
Publicada na web da Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.
Interinidades en varias especialidades de PES e de FP
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de PES e do corpo, a extinguir, de PTFP.
Texto consolidado da orde do CADP
Publicado na web da Consellaría o texto consolidado da orde pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional.
Elección de direccións
Publicada unha corrección de erros na orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos.
Interinidades en varias especialidades de música
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas.
Programa Observa_Acción
Publica a Consellaría a resolución provisional de centros admitidos na fase 2 do programa de formación 'Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais'.
Premios na ESO ao rendemento académico
Convocados os premios extraodinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23.
Traballo por proxectos
Na web da Consellaría anúnciase a convocatoria do IX Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar para o curso 2022/2023.
Acordo de traballo do persoal interino
Publica o DOG a resolución que recolle o acordo con ANPE, CC.OO., CSIF-Ensino e UGT-SP Ensino polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto.
Normas para a adxudicación de destinos provisionais
No DOG a orde pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente.
Corrección de erros na orde de direccións
Publicada na web da Consellaría unha corrección de erros no concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes.
Integración no corpo de secundaria
A Consellaría publica a relación definitiva de persoas que se propoñen para a súa integración no corpo de profesorado de secundaria así como das excluídas.
Corrección de erros na orde da oposición
Publicada unha terceira corrección de erros da Orde pola que se convoca concurso-oposición no ano 2023.
Interinidades en orientación
A web da Consellaría publica a listaxe definitiva para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación definitiva de persoas excluídas en orientación do corpo de mestres.
Listaxe definitiva de persoas admitidas para a oposición
Publica a Consellaría na súa web as listaxes definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso do ano 2023.
Persoal non exento da proba de galego
Publicada a relación de aspirantes que non están exentos de realizar a proba de galego nas oposicións do 2023.
Interinidades nas EOI
Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de EOIs.
Proba externa do Bachibac
Designado o tribunal que avaliará a proba externa do programa de dobre titulación de Bacharel e de Baccalauréat para o curso académico 2022/2023.
Estadías formativas en empresas
Na web da Consellaría aparece a resolución provisional coas estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2023 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de FP inicial e das artes plásticas e o deseño.
Bibliotecas escolares solidarias
Anuncia a Consellaría unha ampliación do programa Bibliotecas Escolares Solidarias no relativo ás accións “Voluntariado de lectura Primaria” e “Selo Biblioteca Escolar Solidaria” para o curso 2022/2023.
Premios a proxectos no ámbito da formación profesional
Convocados premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional.
Navega con rumbo
Publicada a relación de centros seleccionados para participar no programa educativo Navega con Rumbo durante o curso 2022/23.
Concurso de direccións
Publica o DOG a orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos.