Calendario
Eventos do día 21 de Abril de 2023
Resolución definitiva do concurso de orientación
Publicada a resolución definitiva do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.
Exames do CELGA
Publica o DOG as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023.
Programa PIALE
A web da Consellaría publica a convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa (PIALE).
Estadías formativas en empresas
Publicada a resolución definitiva das estadías formativas en empresas para o ano 2023 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de FP inicial, e das artes plásticas e o deseño.