Calendario
Eventos do día 12 de Abril de 2023
Integración no corpo de secundaria
A Consellaría publica a relación definitiva de persoas que se propoñen para a súa integración no corpo de profesorado de secundaria así como das excluídas.
Corrección de erros na orde da oposición
Publicada unha terceira corrección de erros da Orde pola que se convoca concurso-oposición no ano 2023.
Interinidades en orientación
A web da Consellaría publica a listaxe definitiva para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación definitiva de persoas excluídas en orientación do corpo de mestres.
Listaxe definitiva de persoas admitidas para a oposición
Publica a Consellaría na súa web as listaxes definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso do ano 2023.
Persoal non exento da proba de galego
Publicada a relación de aspirantes que non están exentos de realizar a proba de galego nas oposicións do 2023.