Calendario
Eventos do mes Marzo de 2023
Novos centros Plurilingües
Publicada no DOG a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües para o curso 2023/24.
PluriBach
Publicada a resolución que regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2023/24.
PlurInfantil
Resolución publicada no DOG que regula o programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil), para o curso 2023/24.
Premios extraordinarios de FP
Publicados os membros e a composición do xurado que seleccionará, analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios de FP de grao superior correspondentes ao curso 2021/22.
Instrucións para a comunicación das baixas
Publica a Consellaría unha instrución sobre a comunicación da incapacidade temporal do persoal non docente e docente.
Programa Cinema con perspectiva
Publicada a resolución definitiva cos centros seleccionados para participar no programa educativo Cinema con perspectiva durante o curso 2022/23.
Publicada a LOSU
Hoxe publica o BOE a Lei Orgánica 2/2023 do sistema universitario.
Radio na Biblio
Convocado o V Concurso do podcast Radio na Biblio. O prazo de presentación remata o 28 de abril.
Programa 'Mulleres da man de Emilia Pardo Bazán'
Resolución definitiva coa relación de centros seleccionados para participar no programa educativo “Mulleres da man de Emilia Pardo Bazán “ durante o curso 2022/23.
Interinidades en relixión católica
Na web da Consellaría publícase a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de relixión católica na ESO e no bacharelato.
Programa Bachibac
Convocada a proba externa do programa de dobre titulación de Bacharelato e de Baccalauréat para o curso académico 2022/2023.
Interinidades e substitucións en diversas especialidades
Anunciada a apertura dunha listaxe para cubrir interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de secundaria e do corpo a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional.
Interinidades na EOI e en música e artes escénicas
Na web da Consellaría advírtese da próxima apertura dunha listaxe para cubrir interinidades ou substitucións en varias especialidades tanto da Escola de Idiomas como do corpo de profesorado de artes escénicas e musicais.
Interinidades en francés do corpo de mestres
Anuncia a Consellaría a próxima apertura dunha listaxe para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de francés do corpo de mestres e mestras.
Estadías formativas en empresas
Publicada na páxina web da Consellaría a convocatoria de estadías formativas en empresas destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de FP inicial e das artes plásticas e o deseño.
Programa Navega con rumbo
A Consellaría convoca a XI edición do programa educativo Navega con Rumbo para o curso 2022-2023.
Concurso oposición extraordinario
Publicadas as listaxes provisionais de profesorado admitido e excluído para participar no concurso oposición extraordinario.
Interinidades en orientación
Na web da Consellaría a listaxe provisional de profesorado admitido e excluído para a cobertura de interinidades e substitucións en Orientación do corpo de mestres.
Reclamacións do alumnado
Publica a Consellaría na súa web unhas instrucións sobre o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e co procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, para o curso 2022-2023.
Integración de profesorado de PTFP no corpo de PES
Publicada na web da Consellaría a resolución para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario así a relación das exclusións provisionais.
Concurso de estabilización
Na web da Consellaría publícanse as cualificacións da proba eliminatoria de acreditación do coñecemento de lingua galega no marco dos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización.
Concurso de traslados de mestres
Publicada a resolución provisional coa adxudicación do concurso de traslados do corpo de mestres e mestras.
Concurso de orientación
Na web da Consellaría publícase a resolución provisional do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.
Convocatoria de probas para obter o CELGA
Publica o DOG a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2023.
Programa 'Mulleres da man de Emilia Pardo Bazán'
Convocado o programa educativo “Mulleres da man de Emilia Pardo Bazán” dirixido a centros educativos para o curso 2022/23.
Programa 'Cinema con perspectiva'
Na web da Consellaría anúnciase a convocatoria do programa educativo “Cinema con perspectiva” dirixido a centros educativos durante o curso 2022/23.
Concurso de cartaces polo 8 de marzo
Publicado o fallo do xurado do concurso de cartaces de conmemoración do Día Internaional da Muller.
Eduemprende Mentoring FP
Publicada na web da Consellaría a resolución coa selección de centros que participarán no programa Mentoring FP durante o curso 2022/2023.