Calendario
Eventos do mes Febreiro de 2023
Proxecto E-Dixgal
Publicada a resolución pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2023/24.
Interinidades nalgunhas especialidades
Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva nas listaxes para cubrir interinidades e substitucións en varias especialidades de secundaria e nalgunhas do corpo a extinguir de PTFP.
Materias optativas en Bacharelato
Publicada no DOG a orde pola que se estabelece o currículo das materias optativas do bacharelato e se regula a súa oferta.
Adxudicación provisional do CXT de secundaria
Publicada a resolución provisional do concurso de traslados docente do curso 2022-2023 dos corpos de catedáticos, PES, PT, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, PTFP, mestres de taller e inspección.
Admisión de alumnado
Publicado o resultado do sorteo para resolver os empates na puntuación das alumnas e alumnos no proceso de admisión do próximo curso 2023/2024.
Obradoiros Talento Mozo 2023
Na web da Consellaría aparece a convocatoria do programa educativo Obradoiros Talento Mozo 2023 dirixido a centros educativos para o curso 2022/2023.
Programa EduEmprende
Na web da Consellaría publícase a relación de centros seleccionados para a participación nos programas Eduemprende en colaboración coa Fundación Galicia Obra Social 2022-2023.
EduEmprende Atrévete
A Consellaría fai pública a relación de centros seleccionados para a participación no programa Atrévete.
Programa EduTecEmprende
Na web da Consellaría aparece a relación de centros seleccionados para a participación no programa EduTecEmprende.
Oposicións do 2022
Publicada unha orde cos recursos de alzada estimados referidos ao concurso-oposición do ano 2022.
Instrucións para a ABAU
Publicada no DOG a resolución coas instrucións para a realización da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2023/24.
Interinidades en relixión católica
Publicado o procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir relixión católica no nivel de ESO a e bacharelato.
Actualización de datos para profesorado en prácticas
Anunciada a apertura do prazo para que o profesorado en prácticas poida actualizar o seu expediente de datos persoais que será do 20 de febreiro ao 3 de marzo.
Puntuación mínima para o concurso de estabilización
A Consellaría fai pública a puntuación mínima necesaria no autobaremo en cada especialidade e quenda do concurso de estabilización para que a solicitude sexa valorada.
Concurso de estabilización
Publicadas na web da Consellaría as listas definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización a través dun concurso de méritos para ingreso nos distintos corpos de profesorado.
Interinidades en varias especialidades
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades de secundaria e do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional.
Axudas para a realización das probas de nivel lingüístico
Publicada a resolución pola que se resolve a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/23.
Bacharelato para maiores de 20 anos
Convocada no DOG a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e publicadas tamén as instrucións para a súa realización.
Admisión de alumnado
Anúnciase a celebración do sorteo público anual para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2023/2024.
Programa Actúa
Na web da Consellaría aparece a relación de centros seleccionados para a participación no programa eduemprende Actúa.
Programa Finanzas para mortais
Publicada na web da Consellaría a relación de centros seleccionados para a participación no programa Finanzas para mortais.
Cualificacións en música e danza
A Consellaría publica unha instrución relativa aos libros de cualifiacións das ensinanzas profesionais de música e danza.
Cursos para o obter o CELGA
Anuncia a Consellaría a convocatoria de cursos gratuítos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Novo nome para o CIFP Bouza Brey
Publica o DOG que o CIFP Fermín Bouza Brey, de Vilagarcía de Arousa, pasará a chamarse CIFP Fontecarmoa.
Postos vacantes na Consellaría de Educación
Anúnciase no DOG a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos vacantes na Consellaría.
Interinidades en infantil e primaria
Publicada a relación definitiva das listaxes de interinidades e substitucións e as relacións definitivas de persoas excluídas das especialidades de Educación infantil e de Educación Primaria do corpo de mestres.
Concurso de estabilización
Anuncia a Consellaría que dá por desistidas da súa petición ás persoas aspirantes que non tiveran formulada reclamación ou non emendaran a súa solicitude de participación no prazo establecido no concurso de méritos extraordinario de estabilización para o ingreso nos distintos corpos docentes.
Programa EduReferentes
Faise pública a relación de centros seleccionados para participar no programa educativo EduReferentes durante o curso 2022/23.
Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais
Publicada a resolución definitiva cos centros seleccionados para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2022/23.
Concurso de estabilización
Na web da Consellaría anúnciase a composición do tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización.
Lectura e familias
Anuncia a Consellaría na súa web a relación definitiva de centros que reciben asignación para o funcionamento do programa de Lectura e familias.
Acceso a ciclos formativos
Publicada no DOG a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de FP para o ano 2023.